|
A maior parte dos templos pódense encadrar entre os séculos XVII e XIX, habendo tamén edificios de séculos anteriores como a de San Martiño de Cabrui e Sta. María de Cumbraos que datan do século XIII ou Sta. Mariña de Albixoi e a Capela de Bruma que datan do século XVI.
A tipoloxía arquitectónica repítese en case todas elas, sendo constantes unha serie de elementos tales como a planta rectangular na que se inscriben unha capela maior situada na cabeceira – de planta cadrada ou rectangular - e unha nave que se separa da ábsida por medio dun arco triunfal. Case todos os exemplos posúen unha sancristía pegada a un dos muros do presbítero, que pode ter acceso dende o interior e dende o exterior. Constitúen excepción as igrexas de San Cristovo de Mesía e a do Divino Salvador de Xanceda , con plantas de cruz grega e latina respectivamente, se ben ambas as dúas presentan sancristía pegada ao presbiterio. Outras características comúns son as estruturas de madeira como cuberta ou incluso de formigón, como é o caso de San Lourenzo de Olas, a presenza de coro elevado de madeira aos pés e o emprego de uros lucidos deixando a cantería á vista na fachada e nas esquinas de marcos e dos vans.
Na parte frontal, moi similar en todas elas, concéntrase a práctica totalidade da decoración, que adoita ter unha composición simétrica co característico sistema pentagonal, rematado na parte superior por unha cornisa a dúas augas, que se ve truncada pola espadana que a coroa. Esta sitúase nun eixo central imaxinario xunto coa porta, xeralmente rectangular a excepción da de Santiago de Bascoi, formada por un arco de medio punto de grandes doelas, e un pequeño oco. A fornela que alberga ao santo que dá nome á igrexa non aparece en ningún dos exemplos barrocos analizados no concello. No referente aos campanarios, a tipoloxía xeral é a espadana composta por un ou dous corpos, que é o lugar no que se concentra a decoración composta principalmente por pináculos.
Pola súa relevancia histórica é preciso citar a capela do Hospital de Bruma vinculada ao Camino Inglés, que segue a tipoloxía citada, aínda que impregnada de rusticidade e hoxe en día lixeiramente transformada por remodelacións recentes.
Como elemento singular, sinalar a presenza dun rosetón pétreo dunha soa peza na capela de San Antonio que non aparece en ningún exemplo da zona.
No cadro seguinte pódense ver enumerados os templos e algunhas peculiaridades:
|
IGREXIA
|
ANO
|
ESTILO
|
PECULIARIDADE
|
|
S. Cristobo Mesía
|
XVIII
|
Barroco
|
Planta de cruz grega
|
|
Sta. María Cumbraos
|
XIII (orixe)
|
|
|
|
S. Salvador Xanceda
|
XVIII-XIX
|
|
Planta de cruz latina
|
|
S. Martiño Visantoña
|
máis recente
|
|
Retablo de XVIII
|
|
S. Martiño Cabrui
|
XIII (orixe)
|
|
|
|
Sta. Marina Albixoi
|
XVI
|
|
Retablo do XVIII de Casas Novoa que foi destruido
|
|
S. Sebastián de Castro
|
|
|
Sobriedade decorativa
|
|
S. Lourenzo Olas
|
XVII (1680)
|
Barroco
|
|
|
Santiago de Boado
|
XVIII (1770)
|
Barroco
|
|
|
Santiago de Bascoi
|
XVII
|
Barroco
|
Ausencia de elementos ornamentais
|
|
S. Lourenzo Bruma
|
|
Gótico tardío
|
|
|
Capela S. Antonio
|
|
|
Entorno de gran beleza
|
Pode conocer mais da arquitectura relixiosa do concello de Mesia navegando po las seguintes parroquias:
|