Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es



Organización do Goberno

recomendar o contido a un amigo
ORGANIZACIÓN MUNICIPAL

O edicto de organización municipal foi publicado no BOP o 8 de xullo de 2011. Pode consultarse premendo aquí. O seu texto é o que segue:

A Alcaldía, por decreto de 16 de xuño de 2011, nomeou como membros da Xunta de Goberno Local aos seguintes señores concelleiros:

-D. Antonio Quindimil García

-D. Gervasio Sánchez Barreiro

-D. Iván Méndez García

A Alcaldía, por decreto de 16 de xuño de 2011, nomeou como Tenentes de Alcalde aos seguintes concelleiros pola orde que se determina:

-Primeiro Tenente de Alcalde: D. Antonio Quindimil García

-Segundo Tenente de Alcalde: D. Gervasio Sánchez Barreiro

-Terceiro Tenente de Alcalde: D. Iván Méndez García

A Alcaldía, por decreto de 17 de xuño de 2011, efectuou as delegacións especiais nos/as señores/as concelleiros/as que a continuación se sinalan e relativas áreas e servizos que seguidamente se determinan, e que, de conformidade co previsto no art. 43.5 b) do R.O.F., comprenderán a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, pero non inclúe a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN, CULTURA, MULLER E XUVENTUDE:

Dª. Pilar Sánchez Ulloa.

CONCELLERÍA DE DEPORTE:

D. Iván Méndez García.

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS:

Dª. María Amparo García Pernas.

A Alcaldía, por decreto de 21 de xuño de 2011, efectuou as seguintes delegacións de competencias na Xunta de Goberno Local:

-O outorgamento de licencias, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ó Pleno ou á -Xunta de Goberno Local, ditar ordes de execución e a declaración de ruína de edificios.

-As atribucións conferidas á Alcaldía nos procedementos de expropiación por razóns urbanísticas.

-O exercicio de potestades sancionadoras en materia urbanística de acordo coa súa normativa específica.

-As atribucións relativas os procedementos de restauración de legalidade urbanística de acordo coa súa normativa específica.

Así mesmo, o Pleno da Corporación, en sesión de data 24-6-2011, adoptou o seguinte acordo de delegación de competencias na Xunta de Goberno Local:

- O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación nas materias de competencia plenaria.

- A declaración de lesividade dos actos do Concello.

- A concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento –salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por 100 dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior-, todo isto de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais; excepto cando, de acordo coa normativa vixente, a adopción do correspondente acordo esixira un quórum especial, en cuxo caso a competencia será plenaria.

- As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministro, de servizos, de xestión de servizos públicos, os contratos administrativos especiais, e os contratos privados que, de conformidade coa Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos del Sector Público, sexan competencia do Pleno Municipal por non corresponder á Alcaldía; excepto cando, de acordo coa normativa vixente, a adopción do correspondente acordo esixira un quórum especial, en cuxo caso a competencia será plenaria.

- As competencias en materia de adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial que corresponden ó Pleno do Concello, de conformidade coa Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, por non estar atribuídos á Alcaldía.

- As competencias en materia de enaxenación de patrimonio que corresponden ó Pleno do Concello, de conformidade coa Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2.007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, por non estar atribuídos á Alcaldía; coa salvedade da enaxenación dos bens declarados de valor histórico ou artístico, ou cando, de acordo coa normativa vixente, a adopción do correspondente acordo esixira un quórum especial, en cuxo caso a competencia será plenaria.

- As competencias en materia de adxudicación de concesións sobre os bens da corporación que corresponden ó Pleno do Concello, de conformidade coa Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, por non estar atribuídos á Alcaldía; excepto cando, de acordo coa normativa vixente, a adopción do correspondente acordo esixira un quórum especial, en cuxo caso a competencia será plenaria.

- A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos no orzamento.

Mesía, 28 de xuño de 2011.

O alcalde,
Mariano Iglesias Castro.


-------------------------------------------
 

DEDICACIÓNS, RETRIBUCIÓNS, INDEMNIZACIÓNS E ASISTENCIAS

O anuncio sobre determinación de cargos con dedicación exclusiva, retribucións, indemnizacións e asistencias foi publicado tamén no BOP do 8-7-2011. Pode accederse a el premendo aquí. Este é o seu texto íntegro:


De conformidade co previsto no artigo 75.5 da LRBRL fanse públicos os seguintes acordos adoptados polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24 de xuño de 2011:

- O recoñecemento e aprobación da dedicación exclusiva para os seguintes cargos, coas seguintes retribucións:

- Alcaldía: 36.299,28 €, distribuídos en catorce pagas anuais.

- Concellería de educación, cultura, muller e xuventude: 21.777,23 €, distribuídos en catorce pagas anuais.

- Os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva ou parcial percibirán asistencias pola concorrencia efectiva á sesións dos órganos colexiados da Corporación nas seguintes contías:

Plenos: 100 euros/sesión para o Presidente e de 40 euros/sesión para os demais membros.

Xuntas de Goberno Local: 167 euros/sesión Presidente e 100 euros/sesión para os demais membros.

Comisións Informativas: 90 euros/sesión para cada membro.

- Os membros da Corporación, incluídos os que desempeñen cargos en réxime de dedicación exclusiva, terán dereito a percibir indemnizacións polos gastos ocasionados polo exercicio do cargo, sempre que sexan efectivos, e previa xustificacións documental, segundo as normas de aplicación xeral nas Administracións Públicas, de conformidade co previsto no Decreto 144/2001, de 7 de xuño, sobre indemnización por razón do servizo ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, grupo 1º.

Mesía, 28 de xuño de 2011.

O alcalde,
Mariano Iglesias Castro.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador