|
DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ACHEGAR AS SOLICITUDES DE LICENZA PARA OBRAS MENORES E OUTRAS ACTUACIÓNS URBANÍSTICAS, segundo o tipo de solicitude:
EN TODOS OS TIPOS 1.1.- Plano de situación da cartografía municipal (a escala 1:1.000 en zona urbana e 1:5.000 no resto), marcando a parcela. 1.2.- Fotocopia do carnet de identidade do solicitante. En caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
A) CERRUMES DE PARCELAS 2.- Deseño acoutado da parcela no que se sinale a ubicación da cerrume e a distancia aos viais e camiños. 3.- Deseño acoutado da cerrume. 4.- Memoria descritiva e urbanística da cerrume e orzamento detallado (Anexo I). Para OS MUROS DE CONTENCIÓN deberán presentar: 5.- Proxecto visado e asinado por un técnico competente.
B) OBRAS INTERIORES, TELLADOS, FACHADAS, ETC. 6.- Memoria descritiva e orzamento detallado por partidas, das obras e instalacións (ver notas). 7.- Fotos da fachada e outras se proceden. 8.- Copia da licenza da edificación. NOTAS IMPORTANTES A TER EN CONTA CON RESPECTO Ó PUNTO 6. Se as obras afectan parcialmente a instalacións: 9.- Certificado visado dos instaladores oficiais. Se nas obras se prevén novas instalacións ou substitucións completas ou se afectan a elementos estructurais ou resistentes da edificación. 10.- Proxecto visado por un técnico competente e visado. Se as obras afectan a elementos resistentes da cuberta: 11.- Proxecto dun técnico competente e compromiso de dirección das obras, visados.
C) ACONDICIONAMENTO DOS LOCAIS 12.- Memoria descritiva e orzamento detallado, achegando, cando menos, planta, alzado e sección a escala 1:50 (ver notas do punto 6 e actuar do mesmo xeito). 13.- Fotos do exterior e do interior do local. 14.- Licencia de apertura ou solicitude simultánea á que se achegará a documentación correspondente. 15.- Copia da licencia da edificación na que está o local.
D) CORTA DE MASAS ARBÓREAS 16.- Deseño da parcela situando a zona onde se van cortar as árbores e descrición das especies.
E) CONSTRUCCIÓNS DE GALPÓNS 17.- Copia compulsada do documento que acredite a titularidade e a superficie da parcela. 18.- Copia da licencia da edificación principal, se existe. 19.- Memoria descritiva e urbanística da construción e orzamento detallado (Anexo I).
TAXAS A PAGAR: - ICIO: 2% do custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, no momento de retirar a licenza concedida.
__________________________________________________________________________________ O Concello resérvase a facultade de solicitar, de consideralo oportuno, calquera outra documentación que cumpra, para calquera tipo de solicitude. [...] Descargar o documento
|