Demografía
A superficie municipal é de 106,8 Km² e unha poboación de 3017 habitantes o que leva a unha densidade de poboación de 28,91 hab./ Km2 en 20 núcleos de poboación distribuidos en 12 parroquias. Táboa de Nº de Habitantes por Parroquia (datos agosto 2008)
Sta. Mariña de Albixoi | 173 | | Santiago de Bascoi | 181 | | Santiago de Boado | 181 | | S. Lourenzo de Bruma | 46 | | S. Martiño de Cabrui | 201 | | S. Sebastián de Castro | 107 | | Sta. María de Cumbraos | 246 | | S. Mamede de Lanzá | 171 | | S. Cristobo de Mesía | 448 | | S. Lourenzo de Olas | 313 | | S. Martiño de Visantoña | 590 | | S. Salvador de Xanceda | 360 |
A este descenso da poboación, ademáis dos fenómenos migratorios, habería que engadirlle unha dinámica claramente negativa froito dun descenso da natalidade. O avellentamento patentizao unha porcentaxe do 30% de maiores de 64 anos e tan só un 7% de menores de 15 anos (esquema estrutura población).

No ano 1836 Mesía tiña unha poboación de 2751 habitantes aumentando progresivamente ata o 1960 ano no que chegou a contar 6306 habitantes de feito, ano no que tamén empeza o descenso situándose a data actual en 3017 habitantes (esquema)

Economía
As actividades económicas están dominadas polo sector primario e é o subsector pecuario o que marca as pautas paisaxísticas e do aproveitamento. A superficie total das explotacións é de 7988 hectáreas e a superficie agrícola utilizada (SAU) son 5885 hectáreas utilizando un 57% para pastos permanentes e un 16% a barbeito e hortas familiares (esquema aproveitamento da terra).


Un 76% destas hectáreas están en réxime de propiedade e só un 17,3% en arrendamento. A agricultura é a que colleita máis ocupados por sector de actividade con un 46%, seguida da construcción con un 18%, o factor servizos e por último a industria (esquema).

É preciso destacar a alta mecanización que se está a levar a cabo no sector, que cada vez é máis competitivo e ten mellores rendementos. Con máis de 521 explotacións agropecuarias censadas, Mesía é un dos concellos da provincia de A Coruña con maior número de cabezas de gando vacún, total de bovinos 11.044. Datos período 2003 do IGE (Instituto Galego de Estatística). Tamén debemos ter en conta a calidade da arxila e do barro que se encontra no subsolo do término municipal xa que facilitou a implantación de industrias cerámicas adicadas á fabricación de tella curva e de ladrillo. A actividade económica do concello completaríase cunha serie de pequenas e medianas empresas, entre as que cabe salientar as adicadas á fabricación de mobles, estruturas metálicas, confección, elaboración de pan e repostería, derivados lácteos e outras pertencentes ó sector servizos. En Mesía, unhas 10391 hectáreas pertencen a solo de natureza rústica e 22 a solo de natureza urbana do que un 94,6% son parcelas edificadas a maioría con vivendas familiares principais, locais, e vivendas familiares compartidas con locais. 

|