Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



8 DE AGOSTO: DOMINGO PARA O DEPORTE NO CONCELLO DE MESÍA

recomendar o contido a un amigo

Participantes na categoría infantil do Torneo Interparroquial de Fútbol de 200922-7-2010.- O 8 de agosto, co gallo da celebración do Domingo Deportivo, o Concello de Mesía ofrece a posibilidade de practicar distintas actividades deportivas e de asistir ao torneo de fútbol onde as parroquias do municipio se disputarán o primeiro posto e o conseguinte premio.
O evento comezará ás 11:00 horas no Complexo Deportivo da Mata, situado ao lado da piscina municipal en Xanceda. Durante toda a mañá iranse sucedendo diversas sesións para a práctica de distintos deportes: atletismo, fútbol 7, cachibol, bádminton, ping-pong, hóckei, iudo, béisbol, etc. Esta sesión matinal de deporte rematará cun baile de aeróbic. E despois, ás 14:00 horas, está previsto o xantar no merendeiro do complexo deportivo, coa comida que cadaquén leve da súa casa.
Para participar no Domingo Deportivo cómpre inscribirse previamente no teléfono 981 68 72 41 durante este mes de xullo. Aínda que é unha actividade completamente gratuíta, o concello precisa ter unha estimación do número de participantes para a organización.

Pola tarde, o Domingo Deportivo mudará de escenario para trasladarse ao novo campo de fútbol municipal de herba artificial en Visantoña. Alí, a partir das 16:00 horas, vaise disputar unha nova edición do Torneo Interparroquial de Fútbol.
Os equipos que desexen competir deben anotarse chamando ao 981 68 72 41. No momento da inscrición hai que facilitar os nomes de todos os xogadores. O prazo para facelo remata o 30 de xullo, día no que se procederá ao sorteo do cadro de competición, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
Finalistas en categoría adulta do Torneo Interparroquial de Fútbol 2009Cómpre salientar que o número máximo de xogadores por cada equipo é de 15 e só se permiten 3 persoas non empadroadas no concello por equipo. Do mesmo xeito, se unha parroquia non reúne suficientes xogadores, poderá constituír un equipo en conxunto con outra parroquia.
O Torneo Interparroquial de Fútbol contará con dúas categorías de idade: unha de 8 a 15 anos (hai que presentar o DNI á hora de anotarse para comprobar as idades) e outra de adultos de 16 anos en diante. Por suposto, os equipos poden ser mixtos, con xogadores e xogadoras.
Na categoría de adultos, o premio será unha cea para os compoñentes do equipo gañador, nun restaurante do concello a escoller polos gañadores e cun importe total máximo de 350 euros. Para a categoría infantil, os primeiros clasificados poderán participar nunha saída ao cine, que inclúe tanto as entradas como o transporte en autobús.

O Domingo Deportivo está integramente organizado por persoal e con medios do Concello de Mesía, e conta coa colaboración de Coca-Cola.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador