Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



A ESCOLA DE MESÍA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E UNHA MESA REDONDA SOBRE ARQUITECTURA RURAL

recomendar o contido a un amigo

13-05-2010.- A escola da parroquia de Mesía acolle este domingo 16 de maio a inauguración da exposición fotográfica "Parroquia de San Cristobo de Mesía/Doce casas con historia", dedicada á arquitectura tradicional das residencias familiares da zona. A apertura da mostra, prevista para as seis da tarde, incluirá unha actuación musical e unha mesa redonda.

En concreto, a inauguración e a presentación contará coa presencia do alcalde, Mariano Iglesias Castro, e da presidenta da Asociación de Amigos da Capela de Nosa Señora de Arxán, Nieves Lameiro. Para arredor das seis e cuarto está programada a actuación do grupo ordense de gaiteiros "Os Viqueiras".

De seguido, ás sete da tarde, comezará unha mesa redonda baixo o nome de "Arquitectura e memoria familiar". Nela intervirán Jesús Verea García, funcionario de banca de Mesía; Leandro del Río Regos, arquitecto de Ordes; Manolo Pazos Gómez, historiador de Oroso; e Gumersindo Campaña Ferro, cura-administrador parroquial de San Cristobo de Mesía. A mesa redonda estará moderada por María Dolores Sánchez Recouso, licenciada en Ciencias Políticas natural da parroquia.

A mostra poderá ser visitada tamén o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, en horario de dez da mañá a dúas da tarde.

Esta actividade, de entrada libre, está  organizada pola Asociación de Amigos da Capela da Nosa Señora de Arxán, e conta coa colaboración do Concello de Mesía e da Deputación da Coruña.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador