25-11-2011.- O Ministerio de Interior puxo en marcha o programa "Plan Maior Seguridade" dirixido á prevención da seguridade da xente maior. Dentro deste plan contéñense varias accións:
- medidas de información dirixidas ás persoas maiores: funcionarios do Corpo Nacional de Policía ou da Garda Civil impartirán charlas informativas coas personas maiores en centros de día, residencias e otros lugares habilitados pola administración ou entidades colaboradoras, que versarán sobre problemas de seguridade que lles afectan como colectivo: roubos nos seus domicilios; roubos no contorno de entidades financieras; tiróns; estafas; uso fraudulento das súas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro e maltrato nas súas diferentes formas.
- medidas de comunicación e colaboración co contorno das personas maiores: expertos policiais concertarán reunións cos profesionais ao servizo dos centros visitados, familiares, asociacións de personas maiores, etc… co obxectivo de ofrecerlles asistencia técnica e apoio sobre cuestións de seguridade que lles afectan.
Por tanto todas aquelas persoas maiores do concello que queiran coñecer como previr e actuar ante situacións de roubos e estafas en calquera situación (na vía pública, no banco, no seu domicilio, nas súas viaxes, en internet, etc.) pódeno facer nas charlas que a Garda Civil de Santiago de Compostela impartirá nos seguintes lugares do municipio:
- Local Social de Cumbraos: martes 13 de decembro de 15:30 a 17:00 h
- Local Social de Lanzá: martes 13 de decembro de 17:00 a 18:30 h
- Casa da Cultura de Xanceda: mércores 14 de decembro de 11:00 a 12:30 h
- Local Social de Visantoña: mércores 14 de decembro de 15:30 a 17:00 h
- Local Social de Castro: xoves 15 de decembro de 11:00 a 12:30 h
- Local Social da Escola Unitaria de Mesía: xoves 15 de decembro de 15:30 a 17:00 h
- Local Social de Cabrui: xoves 15 de decembro de 17:00 a 18:30 h
- Local Social de Albixoi: luns 19 de decembro de 10:15 a 11:15 h
- Local Social de Boado: luns 19 de decembro de 11:30 a 12:30 h
- Local Social da Escola Unitaria de Olas: venres 23 de decembro 16:30 a 18:00 h.
Estas charlas están organizadas para que coincidan cos horarios da actividade municipal Tempo Fóra, para así chegar a un maior número de xente sen causarlle molestias no desprazamento. Porén, pode acudir a elas calquera persoa interesada de calquera idade.
|