 |
A INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS VISITARÁ MESÍA O MARTES 29 DE NOVEMBRO |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
14-11-2011.- O Concello de Mesía informa de que a unidade móbil de inspección técnica acudirá ao municipio o martes 29 de novembro. Prestará o servizo de inspeccións técnicas periódicas para ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos, e motos e quads de máis de catro anos de antigüidade.
A unidade móbil vaise situar a carón do antigo colexio de Lanzá, xusto detrás da fábrica de Cerámica Verea. O horario de atención aos usuarios será de 9 a 13:30 horas pola mañá e de 15:30 a 18 horas pola tarde.
Cómpre ter en conta que existe a posibilidade de reservar cita previa. Os interesados poderán obter a súa hora de atención ao público ese mesmo día, directamente na unidade móbil inspectora.
Para dar a coñecer este servizo entre a cidadanía, o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, emitiu un bando informativo que nos últimos días se distribuiu por todo o municipio.
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|