Mércores - 03.Setembro.2014

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
PLAN XERAL ORDENACION MUNICIPAL
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS

A PROMOCIÓN DO DEPORTE DO CONCELLO DE MESÍA RESULTA PREMIADA NA IV GALA DO DEPORTE DA COMARCA DE ORDES

recomendar o contido a un amigo
Premiados de Mesía na Gala do Deporte 2011

11-04-2011.- Cada ano, a Mancomunidade de Municipios de Ordes, á que pertence o Concello de Mesía, celebra unha Gala do Deporte para premiar ás entidades ou deportistas que destacaron os doce meses anteriores. Cada concello entrega tres premios, ademais dunha distinción ‘Promesa’ e un recoñecemento especial.

Na que é a cuarta edición deste evento, celebrado o pasado venres en Ordes, resultou premiada a promoción da actividade física e da práctica do deporte que desenvolve o Concello de Mesía desde hai uns anos. A galería de imaxes está dispoñible premendo aquí.

Primeiro premio
O primeiro premio foi para as actividades físicas para a terceira idade. Con el, recoñécese ás persoas maiores inscritas nestas actividades, que desde 2006 ata agora duplicáronse. O éxito deste programa radica en que as persoas que o proban se manteñen nel e animan a outras a participar porque notan os beneficios a todos os niveis. A práctica da ximnasia de mantemento e do cachibol é xa unha cuestión de boa saúde.


Segundo premio
O segundo premio recibírono as actividades físicas para adultos, que tamén teñen un importante valor para a saúde, ao conseguiren que os participantes compensen as malas posturas no traballo, se socialicen, experimenten unha mellora da súa forma física e estean máis satisfeitos consigo mesmos. Ximnasia de mantemento, aeróbic e bailes de salón son as actividades que se desenvolven durante o curso, ao que hai que engadir aquagym, tenis e fútbol durante a tempada estival.

Terceiro premio
O terceiro premio recaeu nas escolas deportivas municipais, nas que prima o valor educativo na infancia e na mocidade. Practican xogos psicomotores, judo, pequebaile, patinaxe e fútbol sala durante todo o curso. E no verán o Concello de Mesía ofrece tamén tenis, fútbol 7 e multiaventura.

O obxectivo das escolas deportivas municipais en Mesía non é ser un inicio cara á competición, senón promover estilos de vida saudables e non sedentarios, por medio da oferta de diversas actividades motoras onde cada neno ou mozo poida elixir a que máis lle guste, desenvolver as súas habilidades motrices por medio do xogo, adquirir os valores do xogo limpo e da deportividade para aplicalos na vida, aprender a convivir con outras persoas da súa idade, adquirir hábitos hixiénicos, e en xeral enriquecerse con todos os beneficios que proporciona o deporte.

Promesa
O galardón ‘Promesa’ foi para a actividade de terapia psicomotriz do Concello de Mesía. É unha nova proposta de deporte e saúde que está tendo resposta favorable por parte do colectivo ao que vai dirixida: as persoas con discapacidade do concello. Acode un 90% do colectivo. A terapia psicomotriz mestura exercicio físico individualizado con gargalladas, estiramentos con contos, relaxación con sorrisos, superación con esforzo, suor con alegría, aprendizaxe con memoria, música con historias. En definitiva, resulta ser unha xuntanza opnde todos poden dedicarse á súa saúde ao ritmo do seu corpo, ao mesmo tempo que comparten un tempo con compañeiros e compañeiras coas mesmas dificultades.

Recoñecemento especial
Por último, o recoñecemento especial do Concello de Mesía foi para Jesusa González Rodríguez. Jesusa foi desde sempre unha persoa chea de vida e moi activa. Xa comezou a participar na ximnasia de mantemento cando se iniciou en 2004. E non só acudía a ximnasia senón tamén á piscina, a actividades de sendeirismo e a todo tipo de actividades. En 2008 un fatal accidente cambioulle a vida e dende entón tivo que afacerse a unha perna nova e a todas as dificultades que conleva ter unha discapacidade física. Lonxe de desanimarse, ela seguiu persistindo e continúa participando nas actividades físicas do Concello. Agora mesmo acode a terapia psicomotriz xunto con outros compañeiros e compañeiras que posúen limitacións de mobilidade. O premio recoñece a Jesusa González como unha excepcional representante do espírito e afán de superación que se necesita para acadar un posto de honra no deporte e na vida.

Representación municipal
Na entrega dos premios nesta Gala do Deporte, o Concello de Mesía estivo representado polo alcalde, Mariano Iglesias Castro, pola concelleira de Cultura, Deportes, Muller e Xuventude, Pilar Sánchez Ulloa, e polo primeiro tenente de alcalde, Antonio Quindimil García.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,076
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador