Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



A REDE VIARIA DO CONCELLO DE MESÍA SERÁ REPARADA E MELLORADA CUN INVESTIMENTO DE 570.000 EUROS

recomendar o contido a un amigo

19-6-2010.- A rede viaria municipal do Concello de Mesía recibirá durante os próximos meses múltiples actuacións de mellora e reparación, cun investimento total de 570.000 euros, financiados polas administracións local, provincial, autonómica e central.

Os traballos beneficiarán a arredor de vinte e cinco tramos de estradas, pistas e camiños, especialmente deteriorados a causa das inclemencias meteorolóxicas invernais. Consistirán na rehabilitación de gabias, a execución de asfaltados e reasfaltados, reposicións de firmes de zahorra, fortalecemento de interseccións e limpeza e mellora de canalizacións pluviais.

 

Achegas por administracións
Do total de investimento, 196.500 euros corresponden a un plan de desenvolvemento rural sostible financiado pola Xunta e orientado especificamente á mellora de infraestruturas públicas para facilitar os accesos a explotacións e leiras agrogandeiras. O acordo para este plan xa foi asinado pola Consellería de Medio Rural e o Concello de Mesía.

Outro dos investimentos suma 187.500 euros. Deles, 150.000 foron outorgados pola Deputación ao concello dentro dun convenio de colaboración. Os 37.500 restantes achégaos o erario municipal.

Dos recursos propios do concello saen integramente os 186.000 euros restantes que se investirán na rede viaria municipal. Son parte dos 269.000 euros de aforro neto que a xestión efectuada polo goberno local permitiu xerar durante o ano pasado, e que así se poden destinar agora a investimentos.

Criterio de selección
O alcalde, Mariano Iglesias, explica que "este investimento de case 95 millóns de pesetas permitiranos unha mellora moi necesaria nas nosas estradas locais, tendo en conta que todas elas se viron prexudicadas, nalgúns casos moi seriamente, polo mal tempo que sufrimos nos últimos meses". O seu estado foi precisamente o principal criterio do goberno municipal para seleccionar os treitos obxecto de mellora, situados en todas as parroquias.

O primeiro edil de Mesía comenta que, a maiores, a consellería de Medio Rural se comprometeu co concello a executar a partir de principios de xullo varias reparacións de pistas pendentes dun plan conxunto de infraestruturas rurais da Xunta e do Goberno central correspondente a 2009.

Ademais, a brigada municipal de obras acometerá nas vindeiras semanas un plan propio de eliminación de baches no conxunto das estradas municipais. Esta acción multipuntual estaba prevista xa para comezos de xuño, pero as abundantes chuvias obrigaron ao concello a aprazala ata cando chegue e se asente o bo tempo que se lle presupón á época estival.

 

Campaña intensiva de desbroces
Por outra parte, en breve tamén comezará a fase intensiva da campaña de desbroces e limpeza de gabias que o concello efectúa cada ano antes do outono, co obxectivo de previr incendios forestais e preparar as gabias para as chuvias. Nesta fase intensiva, o concello porá a pleno rendemento os seus tres equipos propios de tractor e desbrozadora. A maquinaria traballará quince horas diarias de luns a venres, desde as sete da mañá ata as dez da noite, cunha quenda matinal e outra vespertina con tres operarios en cada unha delas.

O alcalde, Mariano Iglesias, subliña o importante esforzo económico que supoñen estes traballos para conseguir ter no mellor estado posible os varios centos de quilómetros de viais (entre estradas e camiños locais e pistas de concentración parcelaria) existentes nos 108 quilómetros cadrados de extensión territorial do municipio.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador