27-01-2012.- O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Economía e Industria activa desde hoxe unha nova edición
do Plan Renove de Equipos de Climatización, un programa que conta con
axudas de ata o 30%, e que pretende instalar equipos máis eficientes.O
plan estará vixente ata o 30 de xuño, podendo os interesados consultar a
listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto
Enerxético de Galicia (INEGA). Para obter a axuda, o comprador
tense que poñer en contacto cunha destas entidades, que reservará os
fondos mediante unha aplicación habilitada para eso, tendo despois 60
días para instalar o equipo e cobrar o importe aplicando o desconto da
axuda. As axudas dependen da potencia do equipo, chegando no caso
das caldeiras de condensación ata os 1.320 euros, e para equipos de aire
acondicionado e bombas de calor ata 3.840 euros. A axuda non poderá
superar o 30% do custo total da obra. Poden beneficiarse destas
subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou
privado, os propietarios ou titulares con dereitos sobre un inmoble, e
as comunidades de veciños, sempre que a actuación se realice en vivendas
ou edificios do sector terciario que se atopen en Galicia. O programa conta cun orzamento de 900.000 euros e ten por obxectivo reducir o consumo das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria mediante a substitución de equipos tradicionais por outros de alta eficiencia enerxética. A Xunta calcula que mobilizará arredor de tres millóns de euros en investimentos e que se poderá acadar un aforro de enerxía primaria de máis de 143 toneladas equivalentes de petróleo ao ano. Equival a evitar a emisión de 574 toneladas de CO2 á atmosfera.
|