Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2009/2010

recomendar o contido a un amigo

ACTIVIDADES PARA NENOS

Actividades Deportivas Escolas Deportivas Municipais

Xogos Psicomotores

Idade: De 3 a 6 anos. Frecuencia: Martes e xoves de 14:00 a 15:00 h (no recreo). CPI de Xanceda. Luns, martes e xoves de 12:00 a 13:00 h nas escolas unitarias. Características: Xogos de habilidades motrices básicas, coordinación, equilibrio, socialización... Prezo: Actividade gratuíta.

Multideportes

Idade: De 7 a 12 anos. Frecuencia: Mércores de 17:15 a 18:15 horas. Lugar: Pavillón de Xanceda. Características: Aprenderemos xogando 5 deportes diferentes ao longo do ano facendo cada dous meses un novo deporte: minibaloncesto, judo, ping-pong, bádminton e minibalonmán. Faremos un torneo de cada deporte onde haberá medallas para os 3 primeiros. Actividade mixta, coma todas. Prezo: 16 euros.

Iniciación a fútbol sala

Idade: De 7 a 10 anos. Prebenxamín e benxamín. Frecuencia: Martes e xoves de 17:15 a 18:15 h. Se hai dous grupos repartiremos tamén de 18:15 a 19:15 h. Lugar: CPI de Xanceda. Competición: Iniciación lúdica deste deporte. Xogarán partidos, coma nas tempadas pasadas: competición deportiva en idade escolar e Liga intermunicipal. Os partidos serán os sábados pola mañá ou os venres pola tarde. Prezo: 32 euros.

Fútbol Sala

Idade: De 11 a 17 anos. Alevín, infantil e cadete. Frecuencia: Martes e xoves de 16:15 a 17:15 h. Lugar: CPI de Xanceda Competición: Xogarán partidos, coma na tempada pasada: competición deportiva en idade escolar e Liga intermunicipal. Os partidos serán os sábados pola mañá ou os venres pola tarde. Prezo: 32 euros.

Aeróbic e Batuka

Idade: De 8 a 16 anos. Frecuencia: Sábado de 16:30 a 17:30 h. Lugar: Pavillón de Xanceda. Competición: Exercicios físicos combinados con música. Prezo: 16 euros.

Patinaxe e Aprendemos a patinar

Idade: A partir de 4 anos. Frecuencia: Luns de 16:30 a 17:30 e mércores de 16:15 a 17:15 Lugar: CPI de Xanceda. Características: Aprender a patinar mediante xogos, ritmo, cooperación, imitación, creatividade, etc. Os que xa saben farán figuras máis complicadas, bailes, xogos, sláloms e actividades que requiran precisión e rapidez de movementos. Farase un baile de exhibición en fin de curso. Material: Patíns de bota con 4 rodas (non en liña). Prezo: 32 euros.

Peque Baile

Idade: De 4 a 6 anos. Frecuencia: Luns de 17:30 a 18:30 h. Lugar: Ximnasio ou pavillón do CPI de Xanceda. Características: Para que collan o ritmo, para que xoguen coa música, para que se divirtan aprendendo coordinación, para que bailen cos/coas compañeiros/as. Prezo: 16 euros.

Baile Moderno I

Idade: De 8 a 11 anos (idade orientativa, no caso de persoas que estean no límite poden ir a un grupo ou outro dependendo dos seus coñecementos). Frecuencia: Venres de 16:30 a 17:30 h. Lugar: CPI de Xanceda (cambiarase para a Casa da Cultura se é necesario). Prezo: 16 euros.

Baile Moderno II

Idade: De 12 a 16 anos. Frecuencia: Venres de 17:40 a 18:40 h. Lugar: CPI de Xanceda (cambiarase para a Casa da Cultura se é necesario). Prezo: 16 euros.

Actividades Culturais

Manualidades, Pintura

Idade: De 7 anos en adiante. Frecuencia: Mércores de 17:15 a 18:30 h. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Observacións: Se hai moitos/as nenos/as faranse dous grupos divididos por idades. Prezo: 32 euros.

Xogar e Xogar co inglés

Idade: De 3 a 6 anos. Frecuencia: Xoves de 17:00 a 18:00 h e outro día aínda sen concretar ou unha hora máis os xoves (unha hora farase xogar normal e outra xogar en inglés). Avisarase dos días cando haxa grupo feito. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Características: Intentar chegar aos máis pequenos e inicialos nos xogos, lectura, manualidades... Trátase de encher un oco na programación cultural dedicada aos máis pequenos e ao mesmo tempo que aprendan inglés. Prezo: Actividade gratuíta.

Xadrez

Idade: A partir dos 5 anos. Frecuencia: Sábado a partir das 11:30 h (Concretaremos cando haxa grupo). Lugar: Casa da Cultura. Prezo: 16 euros. Observacións: Como é o 1º ano necesitamos que vos apuntedes canto antes. Comezará cando haxa xente anotada.

Informática de Iniciación

Idade: De 7 anos en adiante. Frecuencia: Concretaranse os días unha vez anotados/as os/as nenos/as. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Observacións: Sempre que se xunte un mínimo de 10 persoas. Prezo: Actividade gratuíta.

Obradoiro de inglés

Idade: De 6 anos ata 16, faranse 2 grupos ou incluso máis de ser necesario. Frecuencia: Xoves de 17:15 h a 18:15 h (1 grupo) e de 18:15 h a 19:15 h (outro grupo). Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Observacións: O obradoiro durará 3 meses. Avisaremos de cando comeza unha vez feitos os grupos. Prezo: Actividade gratuíta.

ACTIVIDADES PARA ADULTOS

Actividades Físicas

Batuka e Aeróbic

Idade: A partir de 16 anos. Frecuencia: Mércores de 21:30 a 22:30 h. Lugar: Pavillón de Xanceda. Observacións: Vai haber límite de prazas (30 persoas) e lista de espera. Comezaremos cun grupo só. Aquela persoa que teña 3 faltas sen xustificar será substituída por unha persoa da lista de espera. Características: Exercicios físicos combinados con música para mellorar a resistencia cardiopulmonar, aumentar a tonificación muscular e a flexibilidade das articulacións. Prezo: 16 euros.

Ximnasia de Mantemento

Idade: A partir de 18 anos. Frecuencia: Martes e xoves, un grupo de 21:15 a 22:15 h e outro de 22:15 a 23:15 h. Lugar: Pavillón de Xanceda. Características: Poñerédesvos en forma gañando resistencia cardiopulmonar, forza muscular, flexibilidade articular, etc; faremos exercicios físicos, circuítos, deportes, xogos... Prezo: 32 euros.

Baile de Salón

Idade: A partir de 17 anos. Frecuencia: Sábado de 19:30 a 21:00 e de 21:00 a 22:30 h. Lugar: Pavillón de Xanceda (cambiarase para a Casa da Cultura cando comece o mal tempo). Prezo: 32 euros.

Tenis

Idade: A partir de 16 anos. Frecuencia: Venres de 20:00 a 21:15 h. Lugar: Pavillón de Olas. Observacións: Non é imprescindible saber tenis; faremos un grupo de iniciación e outro para practicar e xogar. Mínimo 10 persoas. Este deporte precisa que traiades raquetas de tenis adecuadas á vosa idade. Prezo: 16 euros.

Preparación para o Camiño de Santiago

Idade: + de 16 anos Horario: Un sábado ao mes de 10:00 a 14:00 h. Lugar: 1º encontro: sábado 31 de outubro no Local Social de Visantoña. Prezo: Actividade gratuíta. Características: Cada sábado quedamos nunha parroquia recorréndoa toda a mañá para prepararnos para facer o camiño de Santiago a partir de febreiro do 2010, xa que vai ser Ano Santo.Imprescindible traer roupa cómoda e calzado de botas, tamén traer unha mochila pequena con auga, almorzo e chuvasqueiro.

Actividades Culturais

Manualidades en Cumbraos

Idade: A partir de 17 anos. Frecuencia: Martes de 15:30 a 17:00 h. Lugar: Local Social de Cumbraos. Prezo: 32 euros.

Manualidades en Visantoña

Idade: A partir de 17 anos. Frecuencia: Mércores de 15:30 a 17:00 h. Lugar: Local Social de Visantoña. Prezo: 32 euros.

Manualidades en Xanceda

Idade: A partir de 17 anos. Frecuencia: Sábado de 10:30 a 12:00 h. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Prezo: 32 euros.

Manualidades en Cabrui

Idade: A partir de 17 anos. Frecuencia: Sábado de 12:00 a 13:30 h. Lugar: Local Social de Cabrui. Prezo: 32 euros

NOTA: Todos os grupos de manualidades dependen de que haxa un mínimo de 10 persoas inscritas. De non ser así, esta actividade realizarase noutra parroquia onde se cumpra o requisito.

Informática de Iniciación

Idade: A partir de 17 anos. Frecuencia: Luns de 21:00 h a 23:00 h. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda Observacións: Terá dous meses de duración e será de dúas horas semanais. Comezarase unha vez que se xunte un mínimo de xente. Prezo: Actividade gratuíta.

ACTIVIDADES PARA A 3ª IDADE

Actividades Físicas

Ximnasia de Mantemento

Idade: + de 60 anos (ou menos en función da condición física ou doenza). Horarios e Luns e mércores Lugares: Local Social de Cumbraos 11:00 a 12:00 h. Local Social de Boado 12:15 a 13:15 h. Local Social de Castro 16:15 a 17:15 h. Local Social de Cabrui 17:30 a 18:30 h. Martes e xoves Pavillón de Olas 11:00 a 12:00 h. Local Social de Visantoña 12:15 a 13:15 h. Local Social de Mesía 18:00 a 19:00 h. Casa da Cultura 10:30 a 11:30 h. (Na Casa da Cultura se hai grupo, mínimo 10 persoas) Características: Para mellorar a saúde mobilizando o corpo con exercicios adaptados á idade ou doenza dos nosos maiores. Deporte é saúde!! Prezo: 32 euros.

Cachibol.

O deporte dos maiores Idade: + de 60 anos (ou menos en función da condición física ou doenza). Frecuencia Venres de 11:00 a 12:30 h. Lugar: Pavillón de Olas. Características: Para que os maiores tamén teñan a oportunidade de facer un deporte controlado, o cachibol: con pelotas brandas daremos pases por enriba dunha rede cara ao outro equipo... Mellora a saúde, axuda a pasar o tempo, socializa, pon en forma... Faremos distintos torneos durante o ano. Prezo: Actividade gratuíta.

Tempo Fóra para Maiores

O Concello de Mesía anuncia a posta en marcha do V Programa “Tempo Fóra para Maiores”. En que consiste o Programa “Tempo Fóra para Maiores”? “Tempo Fóra” é unha actividade coa que pretendemos que todas as persoas maiores do noso concello teñan a oportunidade de gozar un pouco de “tempo fóra” das súas casas e das súas ocupacións habituais. En definitiva, é un grupo de xente que se reúne co ánimo de pasar un anaco entretido e agradable, na compaña de veciños e amigos. En “Tempo Fóra para Maiores” faremos distintos tipos de actividades, que van dende a conversa cos/coas compañeiros/as, xogos de cartas, campionatos doutros xogos (coma o “Tres en raia”), etc, ata exercicios que lles poidan axudar a conservar aspectos tan importantes como a memoria, a atención, a concentración, etc. Quen pode participar? Todas as persoas maiores do noso concello que teñan ganas de pasar un anaco agradable con outros/as compañeiros/as. Xa levamos 4 anos de andadura con “Tempo Fóra” en parroquias coma Olas, Visantoña, Mesía, Lanzá, Cumbraos e Cabrui, onde contamos cun numeroso grupo de xente. Cando e onde ten lugar “Tempo Fóra”? LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES 11:00 a 12:30 *Castro 15:30 a 17:00 Cumbraos 15:30 a 17:00 Mesía 16:30 a 18:00 Olas 17:00 a 18:30 Lanzá 15:30 a 17:00 Visantoña 17:00 a 18:30 Cabrui * Este horario contémplase para levar a cabo o programa na parroquia de Castro, lugar onde foi solicitado. Aquelas persoas que desexen que Tempo Fóra se leve a cabo na súa parroquia, poden anotarse por teléfono, xa que precisamos un mínimo de 10 persoas para desenvolver o programa así que... ¡¡¡ANIMÁDEVOS!!! Cando e onde anotarse? Nos Servizos Sociais do Concello de Mesía, no 981 687 238 (preguntar por Begoña). Inicio previsto: martes 20 de outubro (Cumbraos e Lanzá).

PROGRAMACIÓN XUVENIL

Dirixida á mocidade de 14 a 35 anos. Toda a información destas actividades e das que propón a Consellería de Xuventude tédela na Casa da Cultura, na OMIX (Oficina de Información Xuvenil), tamén alí podedes tramitar o carné xove.

PROGRAMA FORMATT

Curso de primeiros auxilios

Impartido por: Cruz Vermella, titulación homologada. Dirixido a: monitores, entrenadores, coidadores, auxiliares de axuda no fogar, etc. Terán preferencia os empadroados e dentro destes os que estean entre os 18 e 35 anos. Duración: 40 horas semanais. Datas: o curso levarase a cabo os sábados, en sesións de 8 horas, serán polo tanto 5 sábados. O horario e datas concretarase entre persoas anotadas. Núm. de prazas: máximo 20 persoas e mínimo 13. Prezo: 75€ para os empadroados, 110€ para os non empadroados. Lugar: Casa da Cultura do Concello de Mesía. Prazo de inscrición: ata o 9 de outubro (chamar ao 981 687 241).

Obradoiro de supervivencia para xente nova

Duración: 6 horas. Imparte: Escola de Tempo Libre Campa. Destinatarios: Mulleres e homes. Día e hora: 21 de novembro de 10:00 a 16:00 h. Lugar: Sen concretar. Avisarase as persoas interesadas uns días antes. Contidos: 1. As tarefas do fogar: como distribuír o tempo. 2.A distribución equilibrada e tarefas: facemos un pláning. 3. Cuestionario de autoavaliación sobre corresponsabilidade. 4. O mantemento da casa: imos cociñar, imos limpar, imos pasar o ferro. Inscrición: Casa da Cultura de Xanceda (981 687 241). Prezo: Actividade gratuíta (ofertada polo Servizo galego de Igualdade).

Obradoiro: Tempo libre activo

Duración: 4 horas. Destinatarios: Mulleres e asociacións de mulleres. Día: 28 de novembro. Hora: de 10:00 a 14:00 h. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Contidos: 1. A necesidade do goce do tempo libre: que facer? 2. Análise das alternativas de lecer do noso entorno: deportes, excursionismo, lectura, música. 3. Formación continuada: oferta sociocomunitaria. 4. Excursións e viaxes: coñecemento do entorno de Galicia. Inscrición: Casa da Cultura de Xanceda (981 687 241). Prezo: Actividade gratuíta (ofertada polo Servizo galego de Igualdade).

Curso de manipulador de alimentos

Impartido por: Sanea. Dirixido a: Todas aquelas persoas que no seu traballo interveña nalgunhas das fases polas que pasa o alimento. Inscrición: Casa da Cultura de Xanceda (981 687 241). Unha vez que se xunten 10 persoas inscritas farase o curso. Concretarase as datas e horario coa xente interesada. Traer unha foto e unha fotocopia do DNI. Prezo: 25 euros.

Cursos de lingua galega (CELGA)

Os próximos exames de Celga serán en novembro. Tedes que inscribirvos antes do 12 de outubro. Aquelas persoas que queirades presentarvos podedes recoller a folla de inscrición na Casa da Cultura. Aquí tamén podedes solicitar máis información ou axuda para preparar os exames desta convocatoria ou das do ano que vén. Preguntade por Yolanda (normalizadora lingüística do concello). Casa da Cultura (teléf. 981 687 241).

PROGRAMA DIVIRTT

Multiaventura - Paintball

Actividade: Paintball Idade: De 14 anos en adiante. Lugar e Data: Sábado 21 de novembro a partir das 11:00 h no Complexo deportivo Mata–Xanceda. Características: Farase un torneo no que se competirá por equipos de ata 10 persoas. Todos xogarán contra todos. Observacións: Para máis información chamar á Casa da Cultura ao teléf. 981 687 241. Cada tres meses ofertarase unha actividade diferente. Deberán anotarse un número mínimo de 25 participantes para poder levarse a cabo. Prezo: 10 euros. Non empadroados 15 euros. Subvencionado pola OMIX (Oficina de Información Xuvenil) do Concello de Mesía.

A pé

O Concello de Mesía quérevos propoñer distintas saídas ao longo do ano para facer sendeirismo. Unha vez cada tres meses ofrecerémosvos a opción de facer unha ruta distinta por diferentes lugares da xeografía galega. Idade: A partir dos 12 anos (depende do percorrido que se faga). Data: Sábado 7 de novembro ás 9:30. Saída da Casa da Cultura. Lugar: Zona do interior da provincia da Coruña (sen determinar). Características: Levar mochila con bocadillo, auga, chuvasqueiro e calcetíns de reposto. Levar calzado cómodo. Prezo: 5 euros.

OUTRAS ACTIVIDADES

Os Nosos Espectáculos

Con este programa pretendemos achegar máis da nosa cultura á xente de Mesía. Para iso propoñémosvos ver distintos espectáculos dos que vos iremos informando ao longo do ano. A nosa primeira elección é unha obra de teatro. Esta suspenderanse se non hai xente suficiente anotada.

ADULTOS Título: A vida de Rosa, día tras día. Compañía: Mariclow Duración: 50 minutos. Clasificación: Comedia. Lugar: Casa da Cultura de Xanceda. Día: 11 ou 18 de decembro (avisarase do día concreto ás persoas anotadas). Hora da obra: 21:30 horas. Prezo: Por determinar. Prazo para anotarse: Ata o 25 de novembro.

NENOS Título: Os Bolechas. Compañía: Caramuxo Teatro. Duración: 50 minutos. Clasificación: Teatro infantil (a partir de 3 anos). Características: Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia. Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña). Día: Domingo 13 de decembro. Hora da obra: 17:30 horas. Hora de saída: Saída dende a Casa de Cultura ás 16:00 h. Prezo: Por determinar. Prazo para anotarse: Ata o 25 de novembro.

“Deporte é saúde”. Balneario de Guitiriz

Dentro do programa "Deporte é saúde 2009" incluímos outras 4 xornadas adicadas á saúde de todas as persoas do concello (só empadroados) no Balneario de Guitiriz. Frecuencia: Luns 19 e 26 de outubro, 2 e 9 de novembro. Martes 20 e mércores 28 de outubro, martes 3 e 10 de novembro. Observacións: Faranse 2 grupos de 30 persoas cada un. A entrada no balneario é ás 11:00 h e a saída ás 13:00 h. Un autobús fará unha parada nas parroquias onde se anote máis xente. Aforo limitado a 60 persoas do concello: admisión segundo a orde de inscrición. Inscrición: Na Casa da Cultura de Xanceda (Non se admiten inscricións por teléfono). Prezo: 35 euros (os catro días). Subvencionado polo Concello de Mesía no 60%.

Imos ao fútbol

Podedes deixar o voso número de teléfono na Casa da Cultura todos aqueles menores de 18 anos que queirades ir ao fútbol á Coruña ver o Dépor. Cando haxa entradas gratuítas chamarémosvos ou mandarémosvos unha mensaxe e poderedes anotarvos. Se se xunta un mínimo de xente iremos. Isto facilita que se poidan avisar as persoas interesadas tan axiña como nos oferten as entradas.

Información Puntual

Axudas ao Transporte Escolar 2009/2010

No mes de setembro convocáronse as axudas de transporte escolar. Están dirixidas a aqueles/as rapaces/as que realicen ensinanzas de bacharelato, formación profesional ou títulos homologados (excluídos os que teñen réxime de internado). Todas aquelas persoas interesadas terán as bases da convocatoria e os impresos de solicitude no concello ou na páxina web. O prazo de solicitude será do 1 ao 20 de outubro.

Excursión

A principios do mes de outubro terá lugar unha excursión da cal se informará mediante bandos nos lugares habituais. Tamén podedes obter máis información a partir do 15 de setembro en Servizos Sociais (teléf. 981 687 238, preguntar por Begoña).

Calendario 2010

Cada ano o concello reparte un calendario con fotos antigas. Este calendario é posible grazas á vosa colaboración. Un ano máis pedímosvos fotos antigas para elaborar o calendario do ano 2010. Se tedes algunha de temáticas distintas ás que xa saíron, poñédevos en contacto coa Casa da Cultura (teléf. 981 687 241). Podedes deixalas alí ou en todo caso iremos por elas. Asegurámosvos que serán devoltas e en perfecto estado.

Servizo de Podoloxía

En que consiste? Trátase dun servizo que pretenderá atender as enfermidades e anomalías que afectan aos pés e que non requiran a atención dun médico (callos, úlceras, infeccións, uñas problemáticas, etc.) A quen vai dirixido? Preferentemente ás persoas dependentes e maiores con problemáticas diversas. Atenderase por orde rigurosa dependendo da necesidade da actuación e do tipo de usuario (dependentes, discapacitados, etc.). Tamén se terá en conta a orde na que se anoten. Onde anotarse? Nos Servizos Sociais do concello (preguntar por Begoña). Unha vez anotado, poñerémonos en contacto con cada usuario para comunicarlle o día no que será atendido. Máis información no teléfono 981 687 238. Onde se desenvolverá o servizo? No edificio do concello ao lado do Centro de Saúde. Cando? Os luns, de mañá ou de tarde dependendo da demanda que haxa. Servizo gratuíto.

Importante para as Inscricións

O concello resérvase o dereito de suprimir as actividades que non alcancen o número mínimo esixido ou modificar horarios.

Os cartos devolveranse previa entrega do recibo de cobro a un mes vista. Pódense facer máis grupos de cada actividade se o número de participantes así o require.

Non se admitirán inscricións por teléfono.

Para poder asistir ás actividades hai que cubrir a folla de inscrición que se achega, que está na Casa da Cultura ou pódese baixar da páxina web do concello, e entregala xunto co xustificante de pagamento do banco, na Casa da Cultura. Acompañar a folla da inscrición dunha fotocopia do DNI.

Importante: As clases comezarán a semana do 5 de outubro, se hai o n.º mínimo de participantes en cada actividade (12 persoas), senón retrasarase o seu inicio. Só se avisará por teléfono das actividades que se retrasen ou anulen, non se chamará para as actividades que comecen con normalidade a semana do 5 de outubro.

Prazo para anotarse: do 16 ao 30 de setembro.

Descontos, exencións e bonificacións:

o FAMILIA NUMEROSA: 50% da tarifa. o TRES PARTICIPANTES DUNHA MESMA UNIDADE FAMILIAR (nais, pais e fillos que conviven xuntos) nun mesmo programa deportivo ou cultural, aplicarase o desconto do 50% ao de menor idade.

o As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do PARO: 30%. o As persoas que acrediten a súa FALTA DE CAPACIDADE ECONÓMICA para o pagamento da tarifa correspondente segundo o informe dos Servizos Sociais do Concello de Mesía ao respecto, o 100% da cota (non pagará).

o As persoas que se inscriban en MÁIS DUNHA ACTIVIDADE: por dúas actividades o 20%, por tres actividades, o 25%.

o Ás persoas que acrediten ter unha MINUSVALÍA (máis do 33% de minusvalía), descontaráselles o 30%. Hai que presentar o certificado de minusvalía.

o Só se aplicará un desconto por persoa. Os descontos só serán aplicables a aquelas persoas que figuren empadroados no Concello de Mesía, os non empadroados pagarán o prezo de cada actividade, e se só se anotan a unha sumaráselle 3 euros.

Os empadroados teñen preferencia en todas as actividades do concello.

As persoas con algunha doenza que inflúa na actividade física que se vaia realizar deberán presentar un informe médico para axudarnos a elaborar os exercicios necesarios para cada persoa e así previr.

LEMBRA QUE TES TODAS AS NOTICIAS ACTUALIZADAS NA PÁXINA WEB DO CONCELLO: concellodemesia.es

SE QUERES RECIBIR UNHA MENSAXE NO TEU MÓBIL CON TODAS AS NOVIDADES DO CONCELLO APÚNTATE A “MESÍA NO TEU MÓBIL” NA PÁXINA WEB OU CHAMANDO Á CASA DA CULTURA (TELÉF. 981 687 241).

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,055
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador