|
26-10-2011.- O I Torneo de Pádel xa ten finalistas, unha das parellas está formada por Víctor Carreira e Marcelino Pena, veciños de Arzúa, e a outra parella está composta por Miguel Rodríguez e Manuel Bermúdez, ambos veciños do noso concello. A final que estaba prevista para o sábado 5 de novembro adiantouse para o venres 4 debido a incompatibilidades laborais de algún dos xogadores para xogar o día previsto. Por tanto, ese venres ás 16:30 h na pista de pádel de Cabrui coñeceremos cal é a parella gañadora. Ambas parellas recibirán un trofeo como premio á súa participación e bo facer durante o torneo. O partido poderá sufrir modificacións de data dependo das condicións climatolóxicas.
|