Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN DO CONCELLO DE MESÍA ACHÉGANSE ÁS 700 PRAZAS CUBERTAS

recomendar o contido a un amigo

A piscina municipal rexistra a diario unha elevada afluencia de bañistas2-8-2010.- As actividades municipais de verán do Concello de Mesía, as máis completas e variadas de toda a comarca, volven a ser un éxito este ano. Os rexistros provisionais de inscricións recollen 700 prazas cubertas nas distintas propostas para nenos, mozos, adultos, terceira idade, e en excursións e xornadas para todos os grupos de idade.

Infantís
Entre os máis pequenos, o máis demandado son os campamentos de verán, con 40 prazas cubertas, seguidos dos cursos de natación, con 32, e o mundialiño de fútbol, con 20. Para o campus de tenis que se celebrará do 9 ao 13 de agosto hai xa 7 inscricións, e quen o desexe aínda pode formalizar a súa nos vindeiros días.
Maiores cifras rexistran actividades puntuais como as saídas ao parque acuático de Cerceda, con 100 participantes, e a saída ao cine, con 90. A maioría dos que acudiron a estas excursións son cativos.

Xuventude e adultos
No caso da mocidade, destaca a saída de multiaventura que terá lugar os días 26 e 27 de agosto no albergue de Santa Cruz (Oleiros), que xa ten cubertas as 25 prazas dispoñibles. E no obradoiro de bisutería participaron 10 persoas.

Das propostas para adultos, a máis exitosa está sendo a das clases de aeróbic, con 35 asistentes. Non quedan atrás os participantes no cachibol, con 30, mentras que o curso de natación suma 15 inscritos, as sesións de ximnasia outros 15, as clases de tenis 14 e a ximnasia acuática 10. Especial interese suscitou tamén o obradoiro de cadros modernos programado por primeira vez este ano, e que contou con 11 alumnos.

Sendeirismo e praia
Entre xóvenes e adultos, unhas 30 persoas participaron na xornada de sendeirismo entre A Fraga de Visantoña e Olas, percorrendo a que será a primeira ruta de sendeirismo homologada no Concello de Mesía e unha das primeiras en toda a bisbarra.

Outra iniciativa destacada, na que é pioneiro o Concello de Mesía, son as saídas semanais á praia en autobús. Cubriron toda a oferta de 110 prazas (dous autobuses) e contan coa participación de veciños de todas as idades.
Clase de aeróbic, para manter a forma tamén na época estival
O que está por vir
Pero ao verán de Mesía aínda lle quedan varias datas de interese, como o Domingo Deportivo deste 8 de agosto, que xa cubriu 20 prazas, á parte dos equipos de fútbol infantís e de adultos que participen no torneo interparroquial organizado tamén polo concello. E despois, o 21 de agosto, celébrase unha nova edición da Festa da Auga, que xa suma 50 participantes, aos que se engadirán seguramente varias deceas máis nos vindeiros días.

Do mesmo xeito, para as fins de semana de setembro e outubro está prevista unha peregrinación xacobea por etapas desde Sarria, seguindo o Camiño Francés. Ata agora o concello ten rexistrada unha decea de participantes. O prazo para anotarse nesta actividade, que terá lugar se hai un mínimo de 25 interesados, acaba o 27 de agosto.

Un éxito demostrado
Con todos estes datos, a programación estival do Concello de Mesía volve a evidenciar unha completa sintonía coas demandas dos cidadáns, ao deseñarse propostas adaptadas aos distintos tramos de idade, reiterando e mellorando actividades que xa gustaran en anos anteriores e propoñendo outras innovadoras para conseguir que máis veciños se interesen por eles.

O Concello considera plenamente satisfactoria a resposta veciñal ao programa e a cifra de 700 prazas cubertas. Cabe sinalar ademais que o número de usuarios real é aínda maior, xa que o reconto de prazas non é acumulativo, de modo que en moitas delas pode beneficiarse máis dunha persoa. Por exemplo, as saídas á praia suman 110 participantes, pero eso non quere dicir que sexan cada semana os mesmos participantes, senón que os hai distintos que se anotaron de forma alternativa.

De aí que as estimacións xerais do concello permitan concluír que polo menos un de cada tres veciños participa de forma directa nalgunha das actividades programadas, índice que se pode elevar polo menos a un de cada dous se se teñen en conta os espectadores dalgúns dos eventos deportivos e as persoas que diariamO verán é o momento de aprender a nadar na piscinaente utilizan as instalacións deportivas municipais abertas durante o verán, como a piscina, as pistas de tenis e os demais equipamentos do complexo deportivo da Mata en Xanceda, e as áreas recreativas, parques e merendeiros distribuidos por distintas parroquias.

Suliñar tamén a considerable presenza de veciños de municipios limítrofes nas actividades programadas polo Concello de Mesía, o que evidencia tanto a calidade da oferta, como a variedade, a idoneidade da organización e o atractivo das instalacións.

Lembre que para ver máis fotografías das distintas actividades estivais do concello pode acudir á sección "Galería de fotos das actividades municipais" situada no menú lateral esquerdo desta mesma páxina web.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador