|
20-7-2010.- Durante o vindeiro mes de agosto a Casa da Cultura permanecerá pechada debido a que se van acometer unha serie de obras de reforma e reparación nas súas dependencias. O Concello de Mesía escolleu este mes para efectuar estes traballos porque é o mes que menos trastornos lles causará aos usuarios da instalación.
De todos os xeitos, os veciños e usuarios en xeral poderán chamar ao 981 687 001 para calquera necesidade que se lles presente. O concello pide desculpas polas molestias que ocasione este peche temporal por obras e solicítalles comprensión a todos os usuarios. As melloras que se van realizar na Casa da Cultura redundarán a partir de setembro nunha utilización máis cómoda das súas instalacións e dos servizos que nela se ofrecen.
|