|
19-07-2010.- O Concello de Mesía ten entre as súas máximas de actuación a de facilitarlle aos cidadáns toda a información administrativa que lles resulte de interese e que poida reportarlles algún tipo de beneficio. Por iso, periodicamente e de xeito puntual distribúe bandos informativos e publica a través desta páxina web todo tipo de convocatorias de axudas e subvencións.
O último exemplo estase producindo estes días, con tres bandos relativos a axudas convocadas a través do Diario Oficial de Galicia para a renovación de instalacións domésticas de gas, para proxectos de enerxías renovables e para a rehabilitación de vivendas.
Para acceder a estes documentos pódese acudir á sección "Bandos" desta páxina web, ou directamente facer clic sobre cada un destes enlaces:
Bando Plan Renove de instalacións de gas
Bando Axudas para proxectos de enerxías renovables
Bando Axudas para a rehabilitación de vivendas
Nestes bandos ofrécese unha información somera de cada unha das convocatorias. Porén, quen desexe coñecelas con todos os detalles pode acceder ao seu contido íntegro tal como se publicou no Diario Oficial de Galicia utilizando os seguintes enlaces:
DOG Plan Renove de Instalacións de Gas
DOG Axudas para proxectos de enerxías renovables
DOG Axudas para a rehabilitación de vivendas
Ademais, nas oficinas xerais da Casa do Concello ou no teléfono 981 68 70 01, a administración local resolve todas as dúbidas e atende todas as solicitudes de aclaración ao respecto da tramitación destas e doutras convocatorias de axudas.
|