|
15-10-2011.- Os/as participantes do I Torneo de Pádel do Concello de Mesía poden consultar o cadro de competición actualizado pinchando aquí. Neste cadro, en azul figuran os gañadores dos partidos xogados ata o momento. En canto a aqueles partidos que aparecen sen hora, débese a que xa se disputaron anteriormente. Os resultados dos partidos xogados ata o momento poden consultarse aquí. O Concello, como organizador, lémbralles tamén a todos/as os xogadores as normas que rexen os partidos, que se poden consultar premendo aquí.
Este sábado 15 terán lugar as semifinais e a final está prevista para o sábado 5 de novembro. Haberá trofeos para a parella gañadora. Todo o torneo dispútase nas pistas de pádel en Cabrui.
|