|
Información xeral:
DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros.
LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).
ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).
DURACIÓN: de domingo a sábado.
QUENDAS:
1ª quenda, do 4 ó 10 de xullo.
2ª quenda, do 11 ó 17 de xullo.
3ª quenda, do 18 ó 24 de xullo.
4ª quenda, do 25 ó 31 de xullo.
INCORPORACIÓN: domingo pola tarde.
REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.
DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos
COTA DE INSCRICIÓN: 75€ que se ingresarán na conta que determine a Deputación, facendo constar “ Campus de fútbol” Deputación da Coruña”. Notificarase despois do sorteo que realice o concello entre os solicitantes.
INCLÚE: estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo.
Horario xeral:
8.00 Erguerse
9.00 Almorzo
10.00 Actividades de adestramento, fútbol.
14.00 Xantar
16.00 Partidos de competición interna, obradoiros, natación e actividades culturais.
18.00 Merenda
18.30 Xogos e deportes
21.00 Cea
22.00 Noitadas culturais
23.30 A durmir. Silencio
Actividades:
Específicas de fútbol
· Actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores.
· Iniciación dos principios tácticos básicos.
· Adestramento específico dos porteiros.
· Partidos de competición interna entre equipos. Os xogadores estarán mesturados e compostos por integrantes de diferentes concellos.
Outras actividades deportivas:
· Natación, baloncesto, xogos tradicionais...
Actividades relacionadas co medio natural:
· Estudo do ecosistema mariño das nosas rías. Problemáticas actuais.
Actividades culturais:
· Visita á centros de interese cultural na comarca e na cidade de A Coruña.
Documentación que se entregará:
Documentación. Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Inscricións
NO TEU CONCELLO CON DATA LÍMITE O 11 DE XUÑO
PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS
Unha vez rematados os prazos de inscrición, o concello realizará o sorteo público.
Material recomendado
· 1 par de botas de fútbol con tacos de goma ou multitacos (1 cm.). Non están admitidas as botas de tacos de aluminio nin tacos de plástico de rosca.
· Equipamento para porteiros: pantalón longo,guantes e suadoiro.
· Equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño).
· Roupa interior, pixama.
· Roupa de rúa, pantalón, camisas, camisetas…
· Útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante, toalla de baño.
· Cantimplora.
· Gorra e gafas para o sol.
· Crema protectora ( mínimo factor 15)
· Chuvasqueiro
· Mochila
|
Quendas
|
Concellos
|
|
1ª
Do 4 ó 10
de xullo
|
Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Teo, Vedra, Touro, Oroso, Ames, Brión, Noia, Rois, Lousame, O Pino.
|
|
2ª
Do 11 ó 17
de xullo
|
Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, Neda, Mugardos, Fene, A Capela, Ares,Cabanas, Pontedeume, Vilarmaior, Miño, Monfero, Irixoa, Paderne, Coirós, Aranga, Curtis, As Somozas.
|
|
3ª
Do 18 ó 24
de xullo
|
A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Sada, Melide, Abegondo, Betanzos, Ordes, Frades, Boimorto,
Toques, Santiso, Arzúa, Oza dos Ríos, Cesuras, Mesía, Sobrado, Carral, Bergondo.
|
|
4ª
Do 25 ó 31
de xullo
|
Carballo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso,
Cabana de Bergantiños, Coristanco, Zas, Vimianzo, Muxía, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Tordoia, A Baña, Negreira, Outes, Muros, Carnota, Santa Comba, Mazaricos, Val do Dubra, Trazo, Camariñas, Laxe, Cerceda.
|
Máis información e toda a documentación en: www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=14074
|