 |
PRETO DE MEDIO CENTO DE CIDADÁNS PARTICIPARON NA VIAXE DO CONCELLO DE MESÍA A SEGOVIA, MADRID E TOLEDO |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
01-10-2011.- Preto de medio cento de cidadáns participaron na viaxe a Segovia, Madrid e Toledo que o departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía organizou entre os días 28 e 30 de setembro.
Os viaxeiros partiron o pasado mércores a primeira hora da mañá desde Mesía con destino a Segovia. Xantaron nesta cidade e visitaron os lugares máis destacados dela, como o Acueducto, o Alcázar e a Catedral. Ademais, efectuaron unha visita máis detida ao Palacio Real de la Granja de San Ildefonso.
Tras pernoctar nun hotel, ao día seguinte, xoves 29, a viaxe dedicouse a coñecer Madrid mediante unha visita guiada pola Plaza Mayor, Puerta del Sol, Jardines del Palacio Real, Parque del Retiro, Estación de Atocha ou o Estadio Santiago Bernabeu, entre outros. Despois dunha parada para xantar, a tarde tamén se dedicou a coñecer outros lugares de interese da capital de España.
O derradeiro día da excursión, onte venres 30 de setembro, foi para Toledo. A primeira hora da mañá, os participantes sairon en dirección ás Bodegas Osborne, situadas en Malpica de Tajo. Nelas observaron de primeira man o proceso de elaboración dos produtos desta relevante empresa do sector enolóxico. A comida desta xornada tivo lugar en Villacastín, e a partir de aí a expedición tomou rumbo a Mesía, cunha parada en Astorga.
A galería de imaxes desta viaxe pode observarse premendo aquí.
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|