|
28-5-2010.- O concello de Mesía organiza para o martes 8 de xuño un novo curso de manipulación de alimentos. Esta acción formativa terá lugar na Casa da Cultura, en Xanceda, entre as catro e media e as sete e media da tarde. O curso será impartido por persoal da empresa Sanea e permitirá obter o certificado necesario para exercer diversas profesións relacionadas co procesamento, envasado e preparación de alimentos. Todas as persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse no concello, ou chamando ao 981 68 70 01.
|