 |
DAVID MOSCOSO E MARÍA JOSÉ BLANCO GAÑAN O V TORNEO DE TENIS DO CONCELLO DE MESÍA |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
25-8-2010.- O Torneo de Tenis Concello de Mesía acadou este ano a súa mellor marca de participación, con 18 xogadores na categoría masculina e 8 xogadoras na feminina. Durante a semana do 9 ao 15 de agosto, disputáronse as fases previas, e desde o 16 ata o 21 celebráronse os cuartos de final, as semifinais e as finais.
Na categoría masculina, a victoria foi para David Moscoso. Este xogador de 14 anos venceu a Carlos Verea na final. Na competición feminina, venceu María José Blanco, con Cristina Fonte como finalista.
A concelleira de Deportes, Pilar Sánchez Ulloa, acudiu á entrega dos trofeos e felicitou aos xogadores polo bo ambiente no que se desenvolveu o torneo.
Neste sentido, o persoal técnico do departamento de Deportes tamén agradece a participación e comenta que o nivel do torneo vai aumentando cada ano "gracias ao xogo, ánimo e garra na pista" que demostran os xogadores.
Proba da evolución do torneo é que, ademais de tenistas de Mesía, nel participaron xogadores de municipios veciños como Curtis, Ordes ou Oroso. Algúns mesmo agradeceron ao concello a iniciativa de organizar cursos e competicións de tenis porque así poden practicar este deporte a un nivel competitivo amateur.
O torneo contou coa colaboración de Coca-Cola, que suministrou bebidas para deportistas durante todas as fases da competición.
Algunhas das imaxes do torneo está dispoñibles na "Galería de fotos das actividades municipais", á que se pode acceder desde a pestana situada no menú lateral esquerdo desta mesma páxina web.
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|