Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



DESDE HOXE PODEN SOLICITARSE AS AXUDAS DO INEGA PARA RENOVAR EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR

recomendar o contido a un amigo
Lámpada de baixo consumo
28-12-2011.- O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de axudas do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, que se poden solicitar a partir de hoxe e durante trinta días hábiles, nos establecementos adheridos a esta iniciativa do INEGA. A convocatoria foi publicada no Diario Oficial de Galicia deste martes 27 de decembro e ten por obxectivo instalar iluminación enerxeticamente eficiente en preto de 250 edificios e vivendas de toda Galicia. Para eso, conta cun orzamento duns 490.000 euros.

Que se subvenciona?
O Plan subvenciona tanto a substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras máis eficientes como o troque de balastos -parte interior do equipo de iluminación- de convencionais a electrónicos. Tamén se fomenta a instalación de sistemas de regulación a través de fotocélula e de detectores de presenza.

Contía das axudas
A contía da subvención variará en función do tipo de equipo que se substitúa (os detalles figuran n
a convocatoria). Non obstante, a axuda cubrirá ata un 25% do custo da nova instalación, esixíndose un investimento mínimo de 500 euros. Os límites máximos serán de 1.500 euros no caso de pisos, 10.000 euros en bloques de vivendas, e 25.000 euros en edificios do sector terciario.

Requisitos
Un dos principais requisitos é que as actuacións subvencionadas teñen que levar asociada unha diminución anual de polo menos o 30% do consumo de enerxía convencional, garantindo unha comodidade lumínica adecuada á tarefa a realizar.

Tramitacións
Os beneficiarios do Plan -particulares, comunidades de veciños ou empresas do sector terciario- poderán solicitar a axuda nos vindeiros trinta días hábiles. Débese tramitar a través dos establecementos adheridos ao plan, que son quen realizan a solicitude e fondos mediante a aplicación web recollida na páxina d
o INEGA.

Pola súa parte, as entidades colaboradoras dispoñen de dez días para renovar a súa adhesión ao plan se participaron na anterior convocatoria, ou para solicitar unha nova alta.
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador