Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



ENTRA EN VIGOR DESDE HOXE O NOVO REGULAMENTO MUNICIPAL DO PROGRAMA DE AXUDAS DE ALIMENTOS

recomendar o contido a un amigo
26-01-2012.- O regulamento municipal do programa de axudas de alimentos entra en vigor desde hoxe, xoves 26 de xaneiro, despois de ser publicado o seu texto íntegro este mércores 25 no Boletín Oficial da Provincia. A nova norma define quen pode ser beneficiario, que requisitos debe cumprir e o procedemento para solicitar a axuda, entre outros aspectos. A publicación no BOP pódese consultar premendo aquí. A continuación figura o texto completo do regulamento, aprobado na sesión plenaria do 29 de novembro de 2011:

REGULAMENTO DO PROGRAMA DE AXUDAS DE ALIMENTOS

Artigo 1.–Fundamentación lexislativa.
O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 4.2, encomenda aos poderes públicos de Galicia a obriga de promover as condicións para que a liberdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, debendo remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitando a participación de todos os galegos e todas as galegas na vida económica, cultural e social.

O artigo 27 da norma estatutaria no seu apartado 23, atribúelle á comunidade Autónoma de Galicia, con carácter exclusivo, competencia en materia de asistencia social. Por outra banda, la Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, establece no seu artigo 25.2.k) como competencia municipal a prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 4, establece que o sistema galego de servizos sociais rexerase, entre outros, polos principios de prevención, acción integral e personalizada, autonomía persoal e vida independente, integración e normalización, coordinación e planificación. Ademais no capítulo II da Lei faise referencia ao catálogo de servizos sociais, e concretamente no artigo 21.2.b) inclúense dentro das prestacións económicas as axudas de emerxencia e necesidade social.

Artigo 2.–Obxecto.
O reparto dos alimentos que se reciben en varias fases da Unión Europea, ou, no seu caso, doutras administracións, xunto cos que o Concello puidera entregar en ocasións puntuais.

Artigo 3.–Beneficiarios.
Poderán beneficiarse das axudas citadas no punto anterior as persoas individuais ou unidades familiares do Concello de Mesía.

Entenderase por unidade familiar o núcleo de convivencia composto por dúas ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou calquera outra relación análoga de afectividade; por adopción, acollemento ou parentesco de consanguinidade e afinidade ate o terceiro grao.

Artigo 4.–Requisitos dos solicitantes.
– Ser maior de idade ou menor emancipado.
– Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Mesía de forma ininterrompida polo menos con seis meses de antigüidade no momento da solicitude.
– Acreditar a situación de necesidade de alimentos.
– Que a unidade familiar non dispoña dos ingresos suficientes para afrontar a cobertura desta necesidade básica, segundo o establecido na táboa que a continuación se presenta:

CONVIVINTES

LÍMITE DE INGRESOS

1

Ate o 100% do IPREM

2

Ate o 200% do IPREM

3

Ate o 300% do IPREM

4

Ate o 400% do IPREM

5

Ate o 500% do IPREM

6

Ate o 600% do IPREM

7

Ate o 700% do IPREM

8

Ate o 800% do IPREM

9 ou máis

Ate o 900% do IPREM

 
O IPREM de referencia será o IPREM anual formado por 14 pagas.
 

Para o cálculo teranse en conta os ingresos que perciba no momento da solicitude a persoa solicitante ou as persoas que constitúan a unidade familiar en concepto de retribucións, rendas, prestacións, axudas, subsidios por calquera outro concepto.

En caso de unidades familiares onde exista mala relación entre os seus membros, poderase ter en conta os ingresos económicos de parte da unidade familiar, previa valoración do/a traballador/a social.

Artigo 5.–Tipoloxía da axuda.
As axudas consisten no reparto directo ás persoas ou familias beneficiarias dos alimentos.

Artigo 6.–Incompatibilidades.
Non ter acceso a axudas polo mesmo concepto por parte doutros organismos, entidades ou administracións públicas, que cubran esta necesidade.

Artigo 7.–Procedemento.
7.1.–Inicio.

O procedemento iniciarase mediante impreso de solicitude presentado no rexistro do Concello coa debida documentación relativa a todos os membros da unidade familiar:
- Fotocopia do DNI/NIE e/ou do libro de familia se é o caso.
– Declaración da renda do último exercicio ou certificado de imputación de rendas.
– Xustificantes dos ingresos económicos actuais a través de certificados de pensións, nóminas dos últimos doce meses, tarxeta de demanda de emprego e/ou certificado do Servizo Público de Emprego das prestacións por desemprego, extractos das contas bancarias dos últimos doce meses, etc.
– Declaración responsable do solicitante ou membro afectado da unidade familiar na que se faga constar, no seu caso, a carencia absoluta de ingresos.
– Outros documentos específicos que sexan necesarios para a correcta valoración da solicitude.

7.2.–Instrución.
Darase traslado á solicitude ao departamento de servizos sociais onde un/ha traballador/a social procederá á comprobación dos datos proporcionados e á valoración técnica da necesidade, podendo solicitar canta información considere precisa para o correcto diagnóstico da situación e emitirase un informe social coa valoración correspondente.
No procedemento de valoración, teranse en conta dous factores:
1) Valoración económica: procederase ao cálculo da capacidade económica segundo o baremo do solicitante e dos demais membros que compoñan a unidade familiar.
Entenderanse como ingresos da unidade familiar todos os ingresos obtidos por cada un dos membros da mesma en relación aos 12 últimos meses (rendementos de traballo, prestación de desemprego, pensión, etc.).
O total dos ingresos anuais dividiranse entre o número de integrantes da unidade familiar obtendo así os ingresos per cápita desta.
Excepcionalmente, cando existan cambios substanciais na renda familiar dentro dos últimos doce meses cunha previsión de permanencia no tempo, poderanse ter en conta unicamente os ingresos relativos ao último trimestre da/s persoa/s afectada/s pola dita situación.
No caso do membro afectado, a renda anual sería a resultante de calcular unha media da renda do último trimestre e multiplicala por 14 pagas.
No caso de que o solicitante ou algún membro da unidade familiar non poida acreditar documentalmente a percepción de renda algunha, poderá presentar declaración responsable da carencia absoluta de ingresos.
Para acceder á concesión da axuda, os ingresos non poderán exceder dos límites establecidos na seguinte táboa. En caso contrario, o indicador económico será o motivo da denegación da axuda, non sendo precisa a posterior valoración social.

CONVIVINTES

LÍMITE DE INGRESOS

1

Ate o 100% do IPREM

2

Ate o 200% do IPREM

3

Ate o 300% do IPREM

4

Ate o 400% do IPREM

5

Ate o 500% do IPREM

6

Ate o 600% do IPREM

7

Ate o 700% do IPREM

8

Ate o 800% do IPREM

9 ou máis

Ate o 900% do IPREM

2) Valoración social: o órgano instrutor procederá á comprobación dos datos proporcionados e á valoración técnica da necesidade, a través das técnicas e instrumentos propios da profesión, coa finalidade de emitir un correcto diagnóstico social da situación.
Unha vez efectuada a valoración, o/a traballador/a social emitirá informe social coa valoración correspondente.

7.3.–Resolución.
A solicitude coa documentación e co correspondente informe social, será elevada á Alcaldía ou órgano no que delegue, para que emita a resolución, na que polo menos quedará reflectido: datos identificativos do expediente, motivación da concesión ou denegación.
O prazo para ditar resolución será de tres meses dende a presentación da solicitude. A notificación cursarase no prazo de dez días a partir da data de resolución.
A resolución deberá ser notificada ao beneficiario, xunto co réxime de recursos correspondente.

7.4.–Reparto.
Unha vez se reciban no Concello os alimentos da organización designada a tal efecto, procederase á preparación dos paquetes para a distribución dos mesmos entre os beneficiarios/as do programa, que deberán pasar a recollelos nas datas e horarios segundo se lles notifique.
En casos excepcionais, para aqueles usuarios do programa que xustifiquen importantes dificultades de desprazamento para recoller os alimentos, realizarase un reparto a domicilio, sempre e cando as posibilidades e recursos do Concello o permitan.
O Concello disporá os medios e persoal necesario para levar a cabo as distintas tarefas no reparto de alimentos (recepción, carga e descarga, empaquetado e distribución), asegurando que se leven a cabo en adecuadas condicións de seguridade e hixiene, e coa maior brevidade posible.

7.5.–Seguimento.
Levarase a cabo un seguimento do programa unha vez ao ano, no último trimestre, no cal se enviará a cada beneficiario un escrito no que se requirirá a documentación para a comprobación de que se segue tendo dereito ao servizo.

Artigo 8.–Obrigas dos beneficiarios.
Os/as beneficiarios/as das axudas están obrigados/as a:
– Destinar a axuda ao fin para o que foi concedida.
– Permitir e facilitar a labor do/a traballador/a social para verificar a súa situación familiar e económica.
– Ó cumprimento das condicións que se establezan para a concesión das axudas destinadas a superar a situación de necesidade.
– Comunicar ao departamento de servizos sociais as variacións sobrevidas que poidan dar lugar a modificación ou extinción da axuda.

Disposición final.
O presente Regulamento foi aprobado inicialmente en sesión plenaria de data 29 de novembro de 2011, e entrará en vigor tras a publicación íntegra do seu texto no Boletín Oficial da Provincia, e unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.

Modificación do regulamento de ficheiros de datos de carácter persoal
Desde hoxe tamén está definitivamente aprobada a modificación do regulamento municipal de ficheiros de datos de carácter persoal, aprobada tamén polo pleno do Concello celebrado o 29 de novembro pasado. O anuncio pódese consultar aquí.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,055
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador