Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



ESTREA DA RUTA DE SENDEIRISMO HOMOLOGADA DESDE A FRAGA AOS MUÍÑOS

recomendar o contido a un amigo

Grupo de veciños que estreou a ruta de sendeirismo homologada da Fraga aos´muíños11-8-2010.- O Concello de Mesía acaba de estrear a ruta de sendeirismo homologada entre A Fraga de Visantoña e a área recreativa da Ponte Carballa en Olas. É unha das primeiras rutas con este recoñecemento que existen en toda a comarca. Nos seus arredor de 13,5 quilómetros de percorrido, atravesa diversas paraxes nas que se poden observar as paisaxes agrarias e forestais propias da zona, pero sobre todo destacan catro exemplos de patrimonio histórico e arquitectónico: os muíños da Ribeira, de Queiroa, do Batán e da Cubela.

A ruta, promovida polo Concello cunha axuda específica da Unión Europea xestionada a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), conta en todo o seu itinerario con diversos paneis explicativos, marcaxes de orientación, sinais e balizas de ubicación. Esto permite efectuar o percorrido sen risco de perderse e contando sempre con suficientes elementos interpretativos para coñecer mellor o lugar.

De acordo coas cualificacións obtidas para a súa homologación, o seu nivel de dificultade da ruta é baixo, a continuidade está ben sinalizada, o percorrido é cómodo ao poder realizarse sobre superficie lisa, e o esforzo físico que se require aproxímase ás tres horas de marcha efectiva.

Un grupo de veciños xa puido coñecer de primeira man hai uns días a nova ruta. Foi nunha actividade organizada polo Concello e que supuxo o percorrido inaugural para este novo recurso de lecer e de atracción turística.

Se desexa coñecer en profundidade as características da ruta homologada, ver e descargar un dos paneis ilustrativos e un mapa, pode acudir á nova sección dedicada á ruta desta mesma páxina web, facendo clic
aquí ou buscando o enlace correspondente no menú lateral esquerdo.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador