Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A LISBOA E Á COSTA PORTUGUESA A FINAIS DE XUÑO

recomendar o contido a un amigo

A emblemática Torre de Belém da capital lusa3-6-2010.- As persoas interesadas en coñecer Lisboa e os seus arredores poderano facer os días 24, 25, 26 e 27 de xuño grazas a unha excursión organizada polo Concello de Mesía.

O programa desta saída é o seguinte:

DÍA 24 DE XUÑO: saída de Mesía con destino a Aveiro, onde xantaremos e teremos tempo libre para coñecer este antigo porto de mar. Pola tarde continuaremos a viaxe e visitaremos Nazaré, Óvidos e Estoril. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

DÍA 25 DE XUÑO: visita guiada ás cidades de Sintra (onde poderemos visitar o Castelo de Mouros, o Parque Monserrate e o Palacio Nacional) e a Cascáis (unha pequena e pintoresca vila de pescadores considerado o balneario de vacacións da costa portuguesa).

DÍA 26 DE XUÑO: visita guiada de Lisboa, cidade turística por excelencia e capital de Portugal, onde poderemos ver o Mosteiro dos Xerónimos, Torre de Belém, a Praza do Rocío, a Ponte do 25 de Abril, o Bom Xesús, o Parque de Eduardo VII...

DÍA 27 DE XUÑO: saída cara a Mesía, visitando Coímbra, cidade universitaria do norte de Portugal.

Aquelas persoas interesadas poderanse anotar ata o día 11 de xuño (incluído) en Servizos Sociais (dentro do edificio do concello).

O prezo da excursión é de 200€ en habitación dobre e de 260€ en habitación simple (prezo por persoa). O Concello de Mesía subvencionará unha parte do importe da viaxe.

Máis información no teléfono 981 687 238.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,055
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador