EXPONSE AO PÚBLICO A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
10-11-2011.- O Concello de Mesía informa de que desde hoxe, e por un periodo de trinta días hábiles, está exposta ao público a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, nos termos en que foi acordada polo Pleno municipal, na sesión celebrada o 7 de novembro de 2011.
Os interesados poderán examinar o expediente correspondente e presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
No caso de que non se presenten reclamacións, o acordo de aprobación da modificación da ordenanza fiscal elevarase a definitivo de xeito automático.
Premendo aquí pódese acceder ao correspondente anuncio de información pública no Boletín Oficial da Provincia (BOP).