EXPONSE AO PÚBLICO A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
15-11-2011.- O Concello de Mesía informa de que desde hoxe, e por un periodo de trinta días hábiles, está exposta ao público a aprobación provisional de imposición e da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos, nos termos en que foi acordada polo Pleno municipal, na sesión celebrada o 7 de novembro de 2011.
As persoas interesadas poderán examinar o expediente correspondente e presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
No caso de que non se presenten reclamacións ou alegacións, o acordo de aprobación elevarase a definitivo de maneira automática.
Premendo aquí pódese acceder ao correspondente anuncio de información pública no Boletín Oficial da Provincia.