Luns - 06.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



contidos / páx. 246 contidos 25 páx.
Páxinas: ir a primera páginair a página anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 ir a siguiente páginair a última página

HORARIOS DE COMPETICIÓN DO IV "MESÍA CONTRA O CANCRO"

06-01-2012.- O Concello de Mesía publica os horarios de competición do IV Torneo de Fútbol Sala 'Mesía Contra o Cancro', que se celebra mañá sábado, 7 de xaneiro, no polideportivo municipal de Olas. Pódese obter o documento cos horarios premendo aquí, e tamén se poden ver ampliando información en 'ler máis'.

...ler máis

MESÍA RECIBE AOS REIS MAGOS ESTE XOVES POLA TARDE CUNHA GRAN FESTA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE XANCEDA

04-01-2012.- Os Reis Magos de Oriente chegarán a Mesía este xoves 5 de xaneiro pola tarde para recibir a todas as persoas que se acheguen ata a festa que o Concello preparou para a ocasión no polideportivo municipal en Xanceda, a partir das 16:30 horas. Pola mañá, o polideportivo municipal de Olas acollerá unha nova edición dos Reis do Cachibol, para toda a familia. Máis información premendo en 'ler máis'.
 
...ler máis

COLABORADORES NO IV TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA MESÍA CONTRA O CANCRO, QUE SE CELEBRA ESTE SÁBADO 7
Cartel IV Torneo Solidario de Fútbol Sala
02-01-2012.- O IV Torneo Solidario de fútbol sala "Mesía contra o cancro", que se celebra este sábado 7 de xaneiro, acadou o apoio de numerosos colaboradores, representativos dos eidos social, cultural, comercial e empresarial do municipio e da comarca. O Concello agradécelles a súa participación a todas as empresas e entidades colaboradoras e aos cidadáns que efectúan donativos. Ademais, anima a acudir ao polideportivo municipal de Olas (de 10 a 14:30 horas e de 15:30 a 20 horas). Toda a recadación será entregada á Asociación Española Contra el Cáncer (
AECC). Premendo en 'ler máis' pódense consultar todos os colaboradores do torneo, organizado polo Concello de Mesía e patrocinado por Carpintería Ramón García.
 



...ler máis

NOVAS AXUDAS A PRODUCIÓNS AGRARIAS E FORESTAIS, POLOS DANOS DO LOBO AO GANDO E PARA MAQUINARIA COLECTIVA

30-12-2011.- O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria doutras tres liñas de axudas de interese para o municipio por parte da Consellería de Medio Rural. Trátase das destinadas a investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, as que tratan de compensar os danos ocasionados polo lobo no gando, e as que teñen por obxectivo fomentar o emprego de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo. En 'ler máis' figura máis información e os accesos ás convocatorias, en vigor desde hoxe venres 30 de decembro.

 
...ler máis

O CONCELLO DE MESÍA ACADA O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA ADQUIRIR NOVA MAQUINARIA DE OBRAS
Diego Calvo e Mariano Iglesias asinan o convenio de colaboración
28-12-2011.- O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron hoxe un convenio polo que a administración provincial financiará nun 80% a adquisición de nova maquinaria para o departamento municipal de Obras. A axuda da Deputación ascende a 28.800 dos 36.000 euros que se investirán na adquisición dunha cisterna de asfalto, un compactador e un remolque. O alcalde agradeceu o ánimo de colaboración da Deputación e destaca a utilidade que terá o novo material.
 
...ler máis

O CONCELLO DE MESÍA DIFUNDE TRES NOVAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
Vacas
28-12-2011.- O Concello de Mesía difunde tres novas convocatorias de axudas da Consellería de Medio Rural, publicadas no Diario Oficial de Galicia deste mércores 28 de decembro. A primeira establece as bases reguladoras das axudas para contratación de seguros agrarios para 2012, a segunda as das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando para 2012, e a terceira as das axudas para implantar servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias. Máis información en 'ler máis'.
 
...ler máis

DESDE HOXE PODEN SOLICITARSE AS AXUDAS DO INEGA PARA RENOVAR EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR
Lámpada de baixo consumo
28-12-2011.- O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de axudas do Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, que se poden solicitar a partir de hoxe e durante trinta días hábiles, nos establecementos adheridos a esta iniciativa do INEGA. A axuda pode chegar ata o 25% do custo da nova instalación, que debe supoñer un investimento mínimo de 500 euros. As novas instalacións deben acadar un aforro anual do 30% do consumo. Máis información na convocatoria e en 'ler máis'.

...ler máis

O TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO' ADIÁNTASE AO SÁBADO 7 DE XANEIRO

26-12-2011.- O Concello de Mesía acaba de decidir adiantar un día o IV Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o Cancro', que se celebrará así o sábado 7 de xaneiro de 2012. O cambio débese á imposibilidade dalgúns dos equipos para compaxinar a súa participación neste evento benéfico cos seus compromisos en competicións oficiais. Toda a recadación destinarase á
AECC. O Concello anima aos cidadáns a colaborar acudindo ao polideportivo de Olas durante a xornada do día 7.

...ler máis

OS CONCELLOS DE MESÍA E DE FRADES CLAUSURAN O SEU PRIMEIRO OBRADOIRO DE EMPREGO CONXUNTO
Clausura do obradoiro de emprego Mesía-Frades I
21-12-2011.- O obradoiro de emprego Mesía-Frades I chegou hoxe á súa fin despois de doce meses nos que ofreceu formación laboral e traballo a vinte e cinco persoas. O acto de clausura contou coa asistencia da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o director xeral de Promoción de Emprego, Andrés Hermida, o alcalde de Frades, Miguel Prado, o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e a coordinadora do obradoiro e concelleira de Mesía, Pilar Sánchez, entre outros. As imaxes do acto de clausura poden verse premendo aquí. Toda a información en 'ler máis'.
 
...ler máis

O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O NADAL

 

16-12-2011.- O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para o Nadal 2011-2012. Hai opcións para todas as idades, pero especialmente para os máis cativos, para que gocen durante as súas vacacións escolares. As novidades deste ano son uns obradoiros culturais e de xogos e unha actividade para bailar e pasalo ben. Repítese a xa tradicional saída a patinar e ao cine á Coruña, o Campus de fútbol 7, a festa de Reis e o Torneo de fútbol sala contra o cancro. Consolídase a exitosa saída do ano pasado ao Xuvenlugo e o partido de cachibol a víspera do Día de Reis. Para todas as actividades hai que anotarse na Casa da Cultura (teléf. 981 687 241).

A programación chegará aos domicilios nos próximos días e xa se pode consultar premendo aquí. Máis información en 'ler máis'.

...ler máis
Páxinas: ir a primera páginair a página anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 ir a siguiente páginair a última página

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,074
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador