Luns - 06.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



contidos / páx. 246 contidos 25 páx.
Páxinas: ir a primera páginair a página anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 ir a siguiente páginair a última página

O CONCELLO DE MESÍA DIFUNDE A CONVOCATORIA DO INEGA DE AXUDAS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

15-12-2011.- O Concello de Mesía difunde a nova convocatoria de axudas a proxectos de enerxías renovables, que acaba de publicar o DOG. O programa do Instituto Enerxético de Galicia
(Inega) ten liñas de apoio á enerxía solar térmica, ás caldeiras de biomasa, á fotovoltaica conectada á rede, á fotovoltaica illada e instalacións mixtas, e á gasificación/biogas. As solicitudes poden presentarse desde onte mércores e durante 45 días, por parte de persoas físicas maiores de idade, empresas, autónomos e administracións públicas. Toda a información en 'ler máis'.
 
...ler máis

O CONCELLO DE MESÍA CREA UN SERVIZO DE ROUPEIRO SOCIAL

14-12-2011.- O Concello de Mesía pon en marcha un novo servizo de roupeiro social, unha iniciativa coa que pretende colaborar cos cidadáns con máis dificultades económicas a través da solidariedade. O servizo recollerá roupa, calzado e calquera outro obxecto en bo estado, garantindo sempre o anonimato das persoas beneficiarias. Tamén establece a posibilidade de realizar solicitudes públicas de maneira anónima nun taboleiro de anuncios específico. Máis información no Departamento de Servizos Sociais (981 68 72 38) e en 'ler máis'.

...ler máis

HOXE COMEZA O PLAN RENOVE DE FIESTRAS 2011 DO INEGA
Plan Renove de Fiestras
13-12-2011.- O Concello de Mesía informa de que hoxe martes 13 de decembro é a data de inicio do Plan Renove de Fiestras 2011, convocado polo Inega. As solicitudes poderán empezar a presentarse dentro de 25 días hábiles ata o 29 de marzo de 2012 ou ata que se rematen os fondos dispoñibles. As axudas poden chegar ata o 25% do custo total da obra, cun máximo de 3.000 euros por vivenda ou piso ou 50.000 por edificio (no caso de vivenda colectiva ou edificios do sector servizos). O plan subvenciona a substitución de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio, por outras de igual ou inferior tamaño, a colocación dunha fiestra paralela á existente en dobre fiestra, e a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior. Premendo aquí pódese consultar a convocatoria completa, publicada no DOG deste luns 12. Máis información en 'ler máis'.
 
...ler máis

O CONCELLO INFORMA DO RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS POR EXPERIENCIA LABORAL

09-12-2011.-  A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG do 30 de novembro unha convocatoria pública do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nas seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional  de cualificacións profesionais: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Confección e mantemento de artes e aparellos, Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe insdustrial e Operacións básicas de restaurante bar.
Pódese consultar máis información da convocatoria en 'ler máis'.
 
 
...ler máis

SAEN A EXPOSICIÓN PÚBLICA OS REGULAMENTOS DO PROGRAMA DE ALIMENTOS E DOS FICHEIROS DE DATOS PERSOAIS

09-12-2011.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) acaba de publicar os anuncios de exposición pública da aprobación inicial do regulamento do programa de axudas de alimentos e da modificación do regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Mesía. Ambos acordos foron tomados no pleno municipal do pasado 29 de novembro. O prazo de exposición é de trinta días hábiles.

 
...ler máis

NOVAS DATAS PARA A RENOVACIÓN DO DNI EN ORDES

07-12-2011.- O Concello de Mesía informa de que os próximos días 6, 7, 8, 9 e 10 de febreiro do 2012 se poderá facer por primeira vez ou renovar o DNI en Ordes. Hai que concertar unha cita no número de teléfono 981 680 002 (Concello de Ordes). Neste teléfono ofrecen toda a información sobre o lugar e a documentación que hai que achegar. Haberá prazas limitadas.

...ler máis

O CONCELLO DE MESÍA COLABORA CO FESTIVAL A FAVOR DE ADISCORDES, ESTE DOMINGO 11 NA DISCOTECA LP 45
Cartel do Festival a favor de Adiscordes
05-12-2011.- O Concello de Mesía colabora co terceiro festival a favor da Asociación de Discapacitados de Ordes e Comarca (Adiscordes), que se celebra este domingo 11 de decembro a partir das 17:00 horas na discoteca LP 45 de Ordes. O Concello repartiu invitacións para o alumnado do CPI de Xanceda e das escolas unitarias e ademais anima á cidadanía a acudir. O festival contará coa actuación do
grupo Pesdelán e ao remate está previsto un sorteo de agasallos. A entrada custa 5 euros por cada persoa adulta e resulta de balde para nenos, cun máximo de dous cativos por persoa adulta. Quen non teña ocasión de acudir pero queira colaborar con Adiscordes, ten a opción da 'fila cero', mediante a cal poderá facer achegas económicas ingresándoas na conta corrente da asociación 2080-0382-56-3000041039.
 

...ler máis

O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE 2012 SERVIRÁ PARA ESTENDER A REDE MUNICIPAL DE AUGA POTABLE NA PARROQUIA DE CABRUI

29-11-2011.- O Plan de Obras e Servizos (POS) de 2012 servirá para acometer o proxecto de extensión da rede municipal de submunistro de auga potable na parroquia de Cabrui. O investimento será duns 96.000 euros, o equivalente a un 40% do plan, que cofinancian a administración central do Estado, a Deputación e o Concello. O 60% restante cubrirá gastos correntes co obxectivo de garantir servizos públicos. O investimento foi aprobado na sesión plenaria municipal de hoxe, que entre outros asuntos tamén aprobou inicialmente o regulamento do programa de axudas de alimentos.


...ler máis

VECIÑOS DE MESÍA PERCORREN A COMARCA DAS MARIÑAS NUNHA SAÍDA DE SENDEIRISMO ORGANIZADA POLO CONCELLO

Na Ría do Burgo

28-11-2011.- A saída de sendeirismo organizada polo Concello de Mesía pola comarca das Mariñas levou a quince persoas a coñecer o entorno natural da zona, co río Mero e a ría do Burgo como elementos principais, e a percorrer a pé algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade da Coruña. A saída tivo a orixinalidade de desenvolver boa parte do seu traxecto, de ida e volta, en tren. Con esta nova proposta, o Concello continúa fomentando a práctica do sendeirismo, que no propio municipio conta cunha ruta homologada cun número cada vez maior de camiñantes. Galería de fotos.
 
...ler máis

A GARDA CIVIL DARÁ CHARLAS SOBRE A PREVENCIÓN E A MELLORA DA SEGURIDADE DAS PERSOAS MAIORES DO CONCELLO DE MESÍA
 
25-11-2011.- O Ministerio do Interior puxo en marcha o "Plan Maior Seguridade" dirixido á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores. Dentro deste plan a Garda Civil imparte charlas sobre como previr roubos, estafas, etc. No Concello de Mesía vanse ofrecer dez charlas para todas aquelas persoas maiores interesadas. Máis información e indicacións dos lugares e horarios das charlas en “ler máis”.
 
 
 
 
 
 
 
 
...ler máis
Páxinas: ir a primera páginair a página anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 ir a siguiente páginair a última página

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,074
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador