Luns - 06.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



contidos / páx. 246 contidos 25 páx.
Páxinas: ir a primera páginair a página anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 ir a siguiente páginair a última página

O CONCELLO DE MESÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


24-11-2011.- O Concello de Mesía súmase á conmemoración do 25 de novembro como o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero e manifesta o seu apoio a todas aquelas persoas que sofren este mal endémico dos nosos días. Ademais anima a todas aquelas persoas que sofren maltrato a que o denuncien no teléfono 016, no teléfono de información ás mulleres: 900 400 273 ou incluso poden acudir ao Centro da Información á Muller (CIM) de Ordes, un servizo da Mancomunidade de Ordes da que o Concello de Mesía forma parte.

 

...ler máis

VÍCTOR CARREIRA E MARCELINO PENA GAÑAN A FINAL DO TORNEO DE PÁDEL DO CONCELLO DE MESÍA DISPUTADA O PASADO VENRES
Finalistas e campións, coa concelleira
21-11-2011.- Tras varios aprazamentos da final por mor de lesións e do mal tempo, o I Torneo de Pádel Concello de Mesía xa ten gañadores. Son Víctor Carreira e Marcelino Pena, parella de Arzúa que se impuxo na final a Miguel Rodríguez e a Manuel Bermúdez, de Mesía. A concelleira Pilar Sánchez Ulloa acudiu a entregar os trofeos e destacou o bo nivel de participación e de xogo desta competición, que contou coa colaboración de Coca-Cola. A galería de imaxes da entrega está dispoñible aquí.

...ler máis

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS XERAIS NO MUNICIPIO DE MESÍA

20-11-2011.- Resultados das eleccións ao Congreso dos Deputados deste 20 de novembro de 2011 no municipio de Mesía.

Total votantes (participación): 1.789 (68,65%)              (2008: 1.931-70,53%)
Abstención: 817 (31,35%)                                                 (2008: 807-29,47%)

 PPPSdG-PSOEBNGEN BRANCONULOS
2011914 (51,9%)
549 (31,17%)206 (11,69%)
33 (1,87%)28 (1,57%)
2008765 (39,6%)
839 (43,45%)291 (15,06%)15
8

Votos a outras candidaturas: EU-V: 33 (1,87%), EQUO: 6 (0,34%), PCPE: 5 (0,28%), CXXI: 3 (0,17%), UPYD: 3 (0,17%), PH: 3 (0,17%), PACMA: 2 (0,11%), UCE: 2 (0,11%), SAIN: 1 (0,05%), PUM+J: 1 (0,05%).

Fonte: Ministerio do Interior.

 
...ler máis

ENTRA EN VIGOR A LEI DE MOBILIDADE DE TERRAS DE GALICIA
Terras agrarias
15-11-2011.- O Concello de Mesía informa de que hoxe entra en vigor a Lei de Mobilidade de Terras da Xunta de Galicia, que pretende poñer a disposición dos gandeiros terras coas que redimensionar as súas explotacións. Entre os cambios con respecto á Lei do Banco de Terras de Galicia de 2007, a Xunta menciona a eliminación do dereito de tanteo e retracto, a ampliación da base de actuación territorial e das funcións do Banco de Terras, a posibilidade de intervir sobre bens de propietarios descoñecidos, e medidas para incorporación voluntaria de bens ao Banco de Terras por parte de propietarios.
 
...ler máis

EXPONSE AO PÚBLICO A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

15-11-2011.- Desde hoxe, e por un periodo de trinta días hábiles, está exposta ao público a aprobación provisional de imposición e da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos, nos termos en que se acordou polo Pleno do Concello de Mesía, na sesión celebrada o 7 de novembro de 2011. Premendo aquí pódese acceder ao correspondente anuncio de información pública no Boletín Oficial da Provincia.
 
...ler máis

A INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS VISITARÁ MESÍA O MARTES 29 DE NOVEMBRO

14-11-2011.- A unidade móbil de inspección técnica acudirá a Mesía o martes 29 de novembro, para ofrecer o servizo de inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos, motos e quads de máis de catro anos. A unidade móbil estará situada a carón do antigo colexio de Lanzá, detrás da fábrica de Cerámica Verea, pola mañá e pola tarde. A hora de atención asignarase directamente na unidade móbil esa mesma xornada.
 
...ler máis

EXPONSE AO PÚBLICO A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

10-11-2011.- Desde hoxe, e por un periodo de trinta días hábiles, está exposta ao público a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, nos termos en que se acordou polo Pleno do Concello de Mesía, na sesión celebrada o 7 de novembro de 2011. Premendo aquí pódese acceder ao correspondente anuncio de información pública no BOP.
 
...ler máis

ESTE VENRES PRESÉNTASE ANTE OS VECIÑOS UN NOVO PROXECTO PARA ESTENDER A COBERTURA DA BANDA LARGA NO MUNICIPIO

09-11-2011.- Este venres 11 de novembro, a partir das 21:30 horas na Casa da Cultura en Xanceda, terá lugar unha reunión explicativa do novo servizo de internet e telefonía fixa mediante banda larga que se proxecta instalar no municipio de Mesía. O Concello colabora coa empres
a Intermax neste proxecto. Técnicos e persoal especializado da compañía serán os encargados de dar a coñecer os servizos que poderían ofrecer. Á reunión están convocados todos os cidadáns de Mesía. Estes días remitiuse por correo a todos os domicilios unha carta da empresa.
 
...ler máis

O CONCELLO DE MESÍA INSTALA UN MINI PUNTO LIMPO EN XANCEDA PARA INTENSIFICAR A RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
O mini punto limpo está ubicado nun lateral da Praza do Concello de Mesía, en Xanceda
08-11-2011.- Os cidadáns de Mesía xa poden utilizar o mini punto limpo que o Concello acaba de instalar nun lateral da praza pública de Xanceda. Nel pódense depositar lámpadas de baixo consumo, pilas, cartuchos de impresora, móbiles e outros pequenos aparellos electrónicos, e casetes e discos cedé ou deuvedé. Son materiais que se poden separar previamente na casa e aproveitar calquera visita a Xanceda para desfacerse deles de maneira apropiada. Despois son correctamente reciclados e postos en valor por parte dunha empresa especializada, evitando graves prexuízos para o medio natural e, por extensión, para a saúde humana. O mini punto limpo forma parte do programa ambiental municipal 'RecicloMesía,' que nos últimos meses xa implantou un programa de compostaxe doméstica e outro para potenciar a recollida selectiva no contedor amarelo, destinado aos envases. Máis información en 'ler máis'.
 
...ler máis

PRETO DE SETENTA PERSOAS PARTICIPARON NO PROGRAMA DE SAÍDAS AO BALNEARIO DO CONCELLO ESTE OUTONO
Algúns dos particpantes de 'Deporte é saúde' ante o edificio do Balneario
07-11-2011.- Arredor de setenta persoas participaron nas saídas ao Balneario de Guitiriz organizadas polo Concello de Mesía no seu programa "Deporte é saúde 2011". Distribuidos en dous grupos, para optimizar o aproveitamento das saídas, efectuaron catro saídas cada un deles, completando un circuíto termal útil para mellorar a súa condición física. O transporte organizouse en autobús e a subvención municipal deixou o prezo en 40 euros por persoa, o total para as catro xornadas.
 
...ler máis
Páxinas: ir a primera páginair a página anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 ir a siguiente páginair a última página

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,073
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador