Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



HOXE COMEZA O PLAN RENOVE DE FIESTRAS 2011 DO INEGA

recomendar o contido a un amigo
Plan Renove de Fiestras
13-12-2011.- O Concello de Mesía informa de que hoxe martes 13 de decembro é a data de inicio do Plan Renove de Fiestras 2011, convocado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a promoción do aforro e a eficiencia enerxética nas vivendas e os edificios.

A contía das axudas desta iniciativa poderá chegar ata os 3.000 euros por piso ou vivenda unifamiliar e ata 50.000 euros por edificio, tanto de vivendas como do sector servizos. En todo caso, a axuda nunca excederá o 25% do custo total da obra.

Prazo
A solicitude de axudas abrirase aos 25 dias hábiles da data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), este luns 12 de decembro. O prazo rematará o 29 de marzo de 2012, ou antes se se produce un agotamento anticipado por remate dos fondos do plan, uns 2,5 millóns de euros para toda Galicia.

Actuacións subvencionables
O Plan Renove de Fiestras subvenciona a substitución de novas fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio, por outras de igual ou inferior tamaño, sempre e cando cumpran determinadas esixencias de eficiencia enerxética e dispoñan de marcado CE, entre outros requisitos.

Tamén serán subvencionables a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (doble fiestra) e a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas espeficacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuacións subvencionable se realice en edificacións da súa titularidade situadas en Galicia. Para poder ser beneficiario da axuda deberase tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas ao Plan, que serán publicadas polo Inega nunha listaxe o 9 de xaneiro de 2012.

Máis información.
Premendo aquí pódese consultar a convocatoria completa, publicada no DOG deste luns 12. Para resolver dúbidas, pódese acudir á Casa do Concello ou tamén contactar co Inega no 981 541 500 ou no correo electrónico renovefiestras1@inega.es
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador