Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



ENTRA EN VIGOR A LEI DE MOBILIDADE DE TERRAS DE GALICIA

recomendar o contido a un amigo
Terras agrarias15-11-2011.- O Concello de Mesía informa de que hoxe entra en vigor a Lei de Mobilidade de Terras da Xunta de Galicia, que pretende poñer a disposición dos gandeiros terras coas que redimensionar as súas explotacións. Entre os cambios con respecto á Lei do Banco de Terras de Galicia de 2007, figuran a eliminación do dereito de tanteo e retracto, a ampliación da base de actuación territorial e das funcións do Banco de Terras, a posibilidade de intervir sobre bens de propietarios descoñecidos, e medidas para incorporación voluntaria de bens ao Banco de Terras por parte de propietarios.

Afecta a toda a superficie con vocación agraria
Segundo a Consellería de Medio Rural, a nova normativa afecta a toda a superficie de Galicia, en terras con vocación agraria. Deste xeito o Banco de Terras poderá actuar en superficies forestais e incluso en zonas cualificadas como urbanas que na actualidade estean sendo empregadas con uso agrario. Todo esto implica a eliminación das Zonas de Especial Interese Agrario, categoría que tiña a comarca de Ordes. En cambio, establécese a posibilidade de decretar Zonas de Actuación Agraria Prioritaria para adoptar nelas medidas dinamizadoras baseándose nos seus valores agrarios ou ambientais especiais.

Propietarios descoñecidos
A Lei de Mobilidade de Terras pretende tamén mobilizar e aproveitar as parcelas rústicas de propietarios descoñecidos. Estímase que en toda Galicia suman unha superficie de 5.600 hectáreas. O Banco de Terras, sen poñer en discusión a titularidade dos predios, poderá xestionar toda esa superficie para aproveitamento productivo, mellorando as condicións de cultivo.

Eliminación do dereito de tanteo e retracto
Outra das modificacións principais da nova norma é a eliminación do dereito de tanteo ou retracto que a anterior lei lle reservaba ao Banco de Terras de Galicia ante calquera operación de compra-venda de parcelas que se rexistrase en Galicia.

Incorporación de bens
Co fin de que os propietarios interesados incorporen os seus bens ao Banco de Terras, tamén se establecen medidas como garantirlles a percepción dos prezos de referencia por arrendar eses bens, con independencia de que o importe acordado entre as dúas partes ou o ofertado polo potencial arrendatario sexa superior. Esta medida fai que o prezo pase a ser un factor de concorrencia no caso de que máis dun arrendatario opte a unha mesma terra.

A lei permítelle ademais ao Banco de Terras ofrecer servizos de intermediación entre terceiros para o arrendo ou aluguer de instalacións vencelladas ás explotacións agrarias. E tamén abre a porta de que as parcelas incorporadas e arrendadas poidan ter máis uso que o agrario. A Consellería fala de predios con clara vocación de seren empregados para conservar a natureza ou o patrimonio histórico, e tamén a ordenación de fincas forestais.

Cesións e doazóns ás administracións locais
Por último, os Concellos poderán solicitar fincas para usos sociais de tipo deportivo, asistencial ou lúdico. A Xunta estima que en toda Galicia existen unhas mil fincas susceptibles de ser solicitadas polas administracións locais. O Banco de Terras poderá facer unha adxudicación directa deses bens e dereitos, de xeito gratuíto e en forma de cesión ou doazón, tras a aprobación por parte do Consello da Xunta e sempre que a incorporación ao patrimonio dos concellos estea motivada pola conveniencia ambiental ou por outros motivos de interese social determinado.
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador