Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPAN NA FESTA DA AUGA

recomendar o contido a un amigo

Vista xeral da piscina municipal durante a celebración da Festa da Auga23-8-2010.- A Festa da Auga convertiuse nos últimos anos nunha das citas máis destacadas da programación de actividades estivais do Concello de Mesía. Esta vez non foi menos, e na xornada deste sábado 21 de agosto máis de 300 persoas achegáronse ata as instalacións da piscina municipal en Xanceda para divertirse coas distintas atraccións para todas as idades, nun día que axudou cunhas excelentes temperaturas.

Os nenos e nenas foron os principais protagonistas da festa. Na piscina infantil dispuxéronse varias lanchas inchables para que xogasen. A carón dela, xa sobre superficie firme, instalouse tamén un castelo inchable no que non houbo nin un chisco de acougo en todo o día. Na piscina de adultos colocáronse tamén dous elementos inchables, un deles con forma de tobogán, moi utilizado, e outro con obstáculos con motivos selváticos.

Mais a Festa da Auga contou con máis propostas, á marxe das atraccións inchables. Por exemplo, os xogos con globos de auga e multitude de probas infantís, nas que participaron ata 100 nenos e nenas de entre 4 a 15 anos.
Pequenos e maiores divertíronse coa festa da escuma
E o colofón da festa, xa contra o serán, foi o lanzamento de escuma no campo de fútbol contiguo á piscina. Durante unha hora, esta actividade motivou os xogos de nenos, mocidade e adultos.

Á parte de actividades puntuais como a Festa da Auga, a piscina municipal recibe cada día deceas de persoas de todas as idades e procedentes de Mesía e doutros concellos de toda a volta. Gran parte achégase a darse un baño e a tomar o sol, e mesmo hai familias e grupos que pasan o día nas instalacións facendo uso do merendeiro contiguo. Ademais, moitas outras persoas acoden para participar nos distintos cursos deportivos organizados durante o verán: natación, ximnasia acuática, tenis...

Lembre que pode ver as fotografías da Festa da Auga facendo clic na pestana "Galería de fotos das actividades muninipais", situada no menú lateral esquerdo desta mesma páxina web.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador