Luns - 06.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



NOVA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO

recomendar o contido a un amigo

Catedral de Santiago14-5-2010.- O Concello de Mesía organiza para o sábado 19 de xuño unha peregrinación a Santiago de Compostela. Trátase dunha peregrinación do máis cómodo, xa que os participantes non precisarán camiñar demasiados metros. Eso si, non dá dereito á "compostela" porque o traxecto vaise cubrir en autobús.

A previsión é que desde as oito da mañán o autocar recolla aos inscritos nas paradas habituais das distintas parroquias. Ás dez a expedición estará na Catedral de Santiago, para poder asistir á Misa do Peregrino, durante a que terá lugar unha ofrenda polos veciños do municipio e tamén haberá ocasión de presenciar o funcionamento de botafumeiro. Tralos actos relixiosos, os participantes nesta actividade terán o resto da mañán libre para pasear polo casco histórico da capital de Galicia.

Despois, seguindo co programa previsto, o autobús partirá cara Mesía, facendo antes unha parada en Castrofeito, no concello do Pino. Alí, sobre as dúas da tarde, os 'peregrinos' xantarán no restaurante "A Magdalena". Ás catro da tarde re-emprenderán o regreso a Mesía.

As persoas interesadas en participar deben anotarse no departamento de Servizos Sociais ata o 11 de xuño. Os cidadáns censados en Mesía deben pagar 16 euros no momento da inscrición. Os veciños censados noutros municipios terán que pagar 19 euros.

Cabe destacar que os gastos do transporte corren a cargo do Concello e que os participantes recibirán no momento de anotarse a información sobre o lugar e o horario das paradas do autobús.

Poden obter máis información chamando ao 981 687 238. E se o desexan tamén poden acceder ao bando municipal sobre esta excursión facendo clic aquí.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador