Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O CONCELLO CONVOCA AS SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E SOCIAIS

recomendar o contido a un amigo

11-5-2010.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o luns 10 de maio a convocatoria do concello de Mesía para a concesión de subvencións para realizar actividades e investimentos culturais, sociais e deportivos durante o ano 2010. Nos orzamentos municipais deste ano figuran 14.000 euros para esta convocatoria.

O obxectivo desta iniciativa é apoiar a realización de actividades, as construcións ou a mellora de infraestruturas e a dotación de equipamentos das entidades e asociacións que traballan no eido cultural, social e deportivo. Tal como se expón na convocatoria, trátase de axudar a que as entidades acaden os obxectivos para os que se crearon e fomentar a participación dos veciños e veciñas, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

As axudas están dirixidas principalmente a entidades legalmente constituídas que carezan de fins de lucro, estean rexistradas no Rexistro de Asociacións do concello, desenvolvan as súas actividades no ámbito do municipio, non estean incursas en incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e que estean ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Cada entidade poderá pedir un máximo de dúas subvencións. As peticións non poderán exceder do 75% do orzamento de gastos presentado. Tal como recolle a convocatoria, non se concederán axudas a actividades ou investimentos que xa obtiveran algún tipo de axuda para o mesmo exercicio outorgada polo concello este ano.

As solicitudes han de presentarse no modelo normalizado que se facilita nas oficinas xerais do concello. Deben ir acompañadas por diversa documentación identificativa da asociación, unha memoria de actividades, o orzamento de gasto calculado e o importe de subvención solicitado, entroutra documentación que se detalla na convocatoria.

O prazo para a presentación é de vinte días hábiles, que contan desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, esto é, desde o 11 de maio, inclusive.

A concesión decidirase en réxime de concorrencia competitiva. Unha comisión presidida polo alcalde puntuará cada proposta atendendo a tres criterios: o grao de coordinación e complementariedade coas actividades municipais (un máximo de 5 puntos), o número de beneficiados directa ou indirectamente pola proposta formulada (máximo de 3 puntos), e o interese da iniciativa en función da súa especificidade, singularidade e valor social (máximo de 2 puntos).

A convocatoria tamén fixa o método para o cobro da subvención outorgada. Sinala a este respecto que a xustificación dos gastos debe efectuarse antes do 20 de decembro de 2010.

Lembre que para acceder ao texto completo da convocatoria publicado no BOP pode facer clic aquí.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador