 |
O CONCELLO DE MESÍA ACADA O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA ADQUIRIR NOVA MAQUINARIA DE OBRAS |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
28-12-2011.- O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias Castro, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre as dúas institucións para cofinanciar a adquisición de maquinaria para o departamento de Obras do Concello.
O acordo establece que a administración provincial financiará nun 80% a adquisición dunha cisterna de asfalto, un compactador e un remolque. Así pois, a achega da Deputación será de 28.800 dos 36.000 euros nos que en total están orzamentadas estas adquisicións. O Concello custeará con fondos propios o 20% restante.
O alcalde, que se desprazou á sede da Deputación para asinar o convenio, agradeceu o ánimo de colaboración do presidente provincial e destaca a utilidade que terán os novos equipos para as tarefas cotiás do departamento de Obras. Con esta renovación e ampliación de maquinaria o Concello de Mesía poderá atender de xeito máis efectivo aínda as pequenas reparacións da rede viaria local e outras obras que se acometen por administración, un sistema que garante maior eficiencia no gasto e axilidade nos resultados, ao non ter que recorrer a adxudicacións externas, como explicou Iglesias Castro.
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|