 |
O CONCELLO DE MESÍA COLABORA CO FESTIVAL A FAVOR DE ADISCORDES, ESTE DOMINGO 11 NA DISCOTECA LP 45 |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
05-12-2011.- O Concello de Mesía colabora coa terceira edición do festival a favor da Asociación de Discapacitados de Ordes e Comarca (Adiscordes), que se celebra este domingo 11 de decembro a partir das 17:00 horas na discoteca LP 45 de Ordes.
Este festival benéfico contará coa actuación do grupo Pesdelán e o seu espectáculo 'Na punta do pé'. Ao remate do concerto, está previsto un sorteo de agasallos entre os asistentes.
Todas as persoas que desexen acudir poden mercar a súa entrada a un prezo de 5 euros por persoa adulta. No caso dos nenos, a entrada é de balde, se ben se estableceu un máximo de dous cativos por adulto.
No marco da súa colaboración con Adiscordes, o Concello de Mesía distribuiu invitacións para o festival entre o alumnado do CPI de Xanceda e das diversas escolas unitarias do municipio.
O Concello anima á cidadanía, de Mesía ou de calquera outro municipio, a acudir a este festival benéfico, e lembra o extraordinario traballo que desenvolve a asociación Adiscordes durante todo o ano. Contribucións como a do festival deste domingo son imprescindibles para manter en pé a asociación.
Ademais de Mesía, colaboran no festival estes outros concellos da comarca: Cerceda, Ordes, Oroso e Trazo. Tamén colaboran as ANPAS dos colexios ordenses Castelao e Campomaior, a empresa Galopín e a entidade As Salgueiras.
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|