Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O CONCELLO DE MESÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

recomendar o contido a un amigo

A secretaria xeral da Igualdade  na presentación da campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero24-11-2011.- O Concello de Mesía únese á campaña da Secretaría Xeral de Igualdade para conmemorar o 25 de novembro como o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. Esta campaña quere sensibilizar sobre este tipo de violencia mediante un spot de TV, cuñas de radio e cartelería, un ciclo de cine e unha exposición de carteis cinematográficos relacionados coa temática.

O Concello de Mesía situará os carteis desta campaña na Casa Consistorial e na Casa da Cultura, así como lazos morados para aquelas persoas que queiran lucir un en apoio ás vítimas da violencia de xénero.

O concello tamén anima a todas aquelas persoas vítimas da violencia de xénero para que denuncien, para iso pódeno facer no teléfono 016, no teléfono de información á muller 900 400 273 ou no Centro de Información á muller (CIM) de Ordes.

O CIM de Ordes é un servizo da Mancomunidade de Ordes, da cal o Concello de Mesía forma parte, que ofrece información xurídica, atención psicolóxica e información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade que poida mellorar a igualdade entre homes e mulleres na Comarca de Ordes. O seu horario é de 8:00 a 15:00 h de luns a venres, para asesoramento xurídico é os luns de 15:30 a 21:30 h e para asesoramento psicolóxico de luns a venres con cita previa. Pódese contactar con eles mediante o teléfono 981 682 108 ou por correo electrónico cim@ordes.dicoruna.es. Pódese obter máis información na páxina web: www.ordessenviolencia.org.

O Concello de Mesía, concienciado con esta problématica e tentando buscar solucións a este problema e a outros derivados da desigualdade existente entre homes e mulleres, está elaborando actualmente o II Plan de Igualdade, que se publicará nos próximos meses.

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador