Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O CONCELLO DE MESÍA CREA UN SERVIZO DE ROUPEIRO SOCIAL

recomendar o contido a un amigo

14-12-2011.- O Concello de Mesía pon en marcha un servizo de roupeiro social, pensado para colaborar cos cidadáns con maiores dificultades económicas a través da solidariedade de todos. O servizo recollerá roupa, calzado e calquera obxecto que as persoas que o entreguen consideren que podería ser útil para familias con dificultades. A única condición é que estea en bo estado.

Será o Concello, a través do seu Departamento de Servizos Sociais, o que lle entregue os obxectos á persoa ou familia que os necesite. En todo momento estará garantido o pleno anonimato dos beneficiarios, como é lóxico neste tipo de procesos.

Neste sentido, o servizo de roupeiro social tamén incorpora a posibilidade de realizar anuncios anónimos de solicitude. O taboleiro estará emprazado nas dependencias de Servizos Sociais e calquera persoa poderá pedir a través dun anuncio un obxecto ou peza de roupa en concreto. O Departamento de Servizos Sociais será o que se encargue de poñerse en contacto coa persoa anunciante en canto alguén doe o obxecto solicitado.

A entrega e recollida da roupa, o calzado ou outros obxectos terá lugar sempre no Departamento de Servizos Sociais.

O Concello anima a todas as persoas en condicións de colaborar a darlle un repaso a todas esas prendas que non usan e que están ocupando espazo innecesariamente no armario para darlles unha segunda vida e á vez contribuír a conseguir unha sociedade máis igualitaria a través do altruísmo.

Todos os interesados en obter máis información do servizo de roupeiro social poden chamar a Servizos Sociais do Concello de Mesía, no 981 68 72 38.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador