Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O CONCELLO INFORMA DO RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS POR EXPERIENCIA LABORAL

recomendar o contido a un amigo
 
09-12-2011.- A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG do 30 de novembro a convocatoria pública do recoñecemento das competencias profesioanis adquiridas a través da experiencia laboral nas seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional  de cualificacións profesionais: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, A tención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Confección e mantemento de artes e aparellos, Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe insdustrial e Operacións básicas de restaurante bar.
 
Requisitos de participación no procedemento
-posuír a nacionalidade española,
-ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
-ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
 
Puntos de información sobre a convocatoria
-Consellería de Traballo e Benestar ou nas súas xefaturas territoriais,
-oficinas públicas de emprego,
-nos centros propios de formación profesional ocupacional,
-na Fundación Galega de Formación para o Traballo,
-no Instituto Galego de Cualificacións.
 
Presentación de solicitudes: prazos e documentación
O prazo de solicitudes está aberto desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG ata o 31 decembro do 2011, menos para as cualificacións de Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e Operacións básicas de restaurante bar que será desde o 1 ao 31 de marzo de 2012.

As persoas interesadas teñen que cubrir unha solicitude, esta irá dirixida ao Instituto Galego de Cualifacacións e pódese presentar no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar ou en calquera rexistro da Xunta de Galicia, por portelo único ou nunha oficina de Correos.

As solicitudes débense acompañar de:
-fotocopia compulsada do NIF,
-historial persoal e/ou formativo de acordo co modelo de currículum vitae europeo (anexo 4 da resolucion),
-e unha declaración responsable que se pode atopar no anexo 5.

Os solicitantes que acrediten experiencia laboral terán que entregar ademais un informe de vida laboral e unha fotocopia compulsada dos contratos laborais onde adquirise a experiencia laboral (anexo 6). Se é un traballador autónomo terá que presentar o certificado de vida laboral e unha descrición da actividade desenvolvida segundo o modelo do anexo 6 da convocatoria. Se é unha persoa voluntaria ou bolseira entregarase un certificado da organización ou empresa onde se desenvolveu o traballo.

As persoas que acrediten formación non formal xustificarano mediante fotocopia compulsada do documento que acredite que o candidato posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretenden acreditar.
 
Admisión de candidatos
No prazo máximo de tres meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes faranse públicas e poderanse consultar na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es, nas sedes onde se desenvolverán as probas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, as listas provisionais de admitidos e excluídos.

No prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación provisional, poderase presentar a documentación que se considere necesaria para emendar os defectos ou as causas de exclusión. Estas peticións deberán enviarse ao Instituto Galego das Cualificacións.
As listaxes definitivas publicaranse no mesmo lugar que as provisionais.
 
Taxas
Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación a persoa candidata admitida terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes a cada unha das fases (fase de asesoramento e fase de avaliación) de forma telemática ou cubrindo os impresos correspondentes.
 
Toda a información sobre a realización do procedemento e dos demais puntos da convocatoria pódese consultar premendo aquí.
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador