 |
O PRAZO PARA PARTICIPAR NA SAÍDA DE SENDEIRISMO POLAS MARIÑAS O 26 DE NOVEMBRO PERMANECE ABERTO ATA O DÍA 21 |
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
02-11-2011.- O Concello de Mesía lembra que continúa aberto o prazo para inscribirse na ruta de sendeirismo organizada para o sábado 26 de novembro pola Comarca das Mariñas. Todas as persoas interesadas en participar, maiores de 16 anos, poden anotarse na Casa da Cultura ata o luns 21 de novembro. Os cidadáns empadroados en Mesía deben pagar 5 euros. Os veciños doutros municipios, 10 euros.
A saída dará comezo na estación ferroviaria de Curtis. Os participantes deberán presentarse puntualmente ás 9:30 horas para tomar o tren ata o apeadeiro de Cecebre. Nese punto comezará a andaina, que atravesará o entorno natural do embalse de Cecebre, continuará polo municipio de Cambre ata o paseo marítimo-fluvial do Burgo (Culleredo), na desembocadura do río Mero, e desde aí ata o paseo marítimo da Coruña. O tempo que quede da tarde dedicarase a pasear pola cidade herculina. Está previsto tomar o tren de volta desde a súa estación para retornar de novo a Curtis arredor das 20 horas.
O Concello anima a participar e aconsella aos sendeiristas ir provistos de mochila con comida, calcetíns de reposto, gorra e chuvasqueiro, tendo en conta a posible variación do tempo. Ademais, lembra que o idóneo é ir equipados con roupa e calzado cómodos, para facilitar o camiño.
|
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
 |
|
 |
|