Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO' ADIÁNTASE AO SÁBADO 7 DE XANEIRO

recomendar o contido a un amigo

26-12-2011.- A solidariedade chegará a Mesía un día antes do previsto. O Concello de Mesía acaba de decidir o adianto do IV Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía Contra o Cancro' ao sábado 7 de xaneiro. O cambio débese a imposibilidade dos equipos participantes para compaxinar a súa presenza neste evento a beneficio da AECC cos seus compromisos nas competicións oficiais.

Non obstante, o programa mantense sen alteracións. No polideportivo municipal en Olas, a partir das 10 e ata as 14:30 horas pola mañá e desde as 15:30 ata as 20 horas pola tarde, desenvolveranse os distintos encontros entre oito equipos masculinos e entre catro equipos femininos (todos con deportistas maiores de quince anos) e un partido entre dous equipos infantís, con idades entre os tres e os seis anos.

Toda a recadación do torneo solidario destínase á Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Ademais das inscricións dos equipos (50 euros cada un), contribuirán as achegas de numerosas empresas e entidades de Mesía e da zona, e tamén as entradas dos espectadores que nesa xornada acudan ao pavillón polideportivo. A entrada por persoa custa un euro e dá dereito a entrar no sorteo dunha cesta con produtos de Nadal.

O Concello anima aos cidadáns do municipio e de zonas limítrofes a colaborar nesta iniciativa benéfica e a contemplar o espectáculo deportivo do torneo, que cada ano congrega a algunhas das figuras máis destacadas do fútbol sala da comarca.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador