Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



OBRA DE TEATRO PARA OS/AS ASISTENTES A TEMPO FÓRA

recomendar o contido a un amigo

Público asistente á actuación teatral no novo auditorio de Lanzá4-6-2010.- O programa do concello de Mesía "Tempo fóra para Maiores" púxolle remate ao curso 2009-2010 cunha representación teatral organizada polo departamento municipal de Cultura. A actuación tivo lugar no novo auditorio e sala polivalente habilitado polo concello no edificio do colexio de Lanzá e contou coa asistencia dunhas noventa persoas.

A obra "O gordo e o calvo van ao médico", escenificada pola compañía "Os sete magníficos máis un", entretivo e animou durante hora e media ao público, co que os actores interactuaron para facelo partícipe á xente da historia.

Con esta representación, o concello dá por rematado o curso do programa municipal "Tempo fóra", que ofrece varias sesións semanais en diferentes parroquias durante todo o ano para o colectivo da terceira idade. O programa, que se retomará a partir de outubro, pretende darlles unha alternativa lúdica aos maiores e favorecer a súa socialización. Componse de exercicios para reforzar a memoria, a atención e a concentración, manualidades e xogos.

A representación tivo momentos moi cómicos

Ademais deste programa específico, durante o ano o concello de Mesía programa outras propostas para a terceira idade dentro da súa programación xeral. Bos exemplos son a ximnasia de mantemento adaptada a estas idades, as xornadas deportivas do cachibol ou os cursos de manualidades, aos que acoden numerosos veciños deste grupo de idade. Na programación estival, que será presentada nos vindeiros días, tamén se ofertarán actividades para os maiores.

 

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador