Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



OS CONCELLOS DE MESÍA E DE FRADES CLAUSURAN O SEU PRIMEIRO OBRADOIRO DE EMPREGO CONXUNTO

recomendar o contido a un amigo
Clausura do Obradoiro de Emprego Mesía-Frades I
 
21-12-2011.- O obradoiro de emprego Mesía-Frades I, o primeiro desenvolto en conxunto polos dous concellos, chegou hoxe á súa fin despois de doce meses nos que ofreceu formación laboral e traballo a vinte e cinco persoas que estaban en situación de desemprego, trece de Mesía e doce de Frades.

O acto de clausura contou coa asistencia da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o director xeral de Promoción de Emprego, Andrés Hermida, o alcalde de Frades, Miguel Prado, o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e a coordinadora do obradoiro e concelleira de Mesía, Pilar Sánchez, entre outros.

O investimento co que contou esta acción, impulsada polo Concello de Mesía co de Frades como entidade colaboradora, foi de 570.000 euros. A gran maioría foi achegada pola Xunta de Galicia, con fondos europeos: 540.000 euros. Os outros 30.000 euros foron sufragados polas dúas administracións locais, a partes iguais.

Os alumnos-traballadores formáronse en dúas especialidades: trece deles en traballos forestais e os outros doce en axuda a domicilio. Na especialidade de traballo forestal os participantes desenvolveron labores de posta en valor de varios espazos naturais e melloras en áreas recreativas e outras dotacións públicas ao aire libre. As persoas da especialidade de auxiliar de axuda a domicilio formáronse e aplicáronse na atención á terceira idade.

As sesións prácticas desenvolvéronse por igual nos dous termos municipais. As clases teóricas tiveron lugar no colexio de Lanzá, que xa fora a sede formativa do obradoiro de emprego que o Concello de Mesía desenvolvera en 2007. As súas instalacións foron escollidas para esta parte do obradoiro por seren as máis axeitadas por ubicación, amplitude, equipamento e comodidade. O equipo encargado da docencia estivo conformado por seis persoas.

Declaracións
No acto de clausura, o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, explicou que, ademais do investimento no obradoiro de emprego, a Consellería de Traballo e Benestar destinou máis de 111.000 euros en materia de emprego a Mesía neste ano. Permitiron a contratación temporal de nove persoas dentro de plans de cooperación e tamén manter a contratación de axente de emprego e desenvolvemento local.

A delegada territorial, Belén do Campo, felicitou aos alumnos-traballadores do obradoiro e afirmou que con esta iniciativa poderán mellorar as súas posibilidades de inserción laboral, tanto pola formación teórica recibida como pola capacitación práctica conseguida ao longo deste ano.

O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e o de Frades, Miguel Prado, reivindicaron ante os responsables autonómicos un novo obradoiro de emprego que lle dea continuidade ao rematado hoxe. Mariano Iglesias motivou a petición en que os cidadáns de municipios con dificultades socioeconómicas especiais como os de Mesía e Frades deben ter as mesmas oportunidades laborais que os doutros puntos máis favorecidos de Galicia. Os dous alcaldes tamén agradeceron o comportamento dos participantes e desexáronlles sorte no mercado laboral.

Previamente ao acto, descubríronse sendas placas conmemorativas na área recreativa da Ponte Carballa, unha delas na parte da parroquia de Olas (Mesía) e a outra na parroquia de Abellá (Frades).

A galería de imaxes do acto de clausura do obradoiro e da entrega de diplomas pode verse premendo aquí.
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador