OS GANDEIROS DE MESÍA RECIBEN INFORMACIÓN SOBRE AS NOVIDADES DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN EN 2012
02-02-2012.- A Casa da Cultura do Concello de Mesía acolleu hoxe xoves unha charla informativa sobre as novidades da Política Agraria Común (PAC) para 2012 e sobre a súa reforma, prevista para despois de 2013 e aínda en fase de debate nas institucións europeas.
A información foi facilitada por Eulogio Lozano, xefe do servizo territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) na Coruña. Ao acto acudiron uns 45 gandeiros e gandeiras. Estaban convidados a participar socios da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira e todas as persoas interesadas relacionadas coa actividade agrogandeira.
O FOGGA xestiona a través da PAC as axudas directas a explotacións agrarias, as asignacións de dereitos de pagamento único, medidas relacionadas coa intervención de mercados, ou axudas ao desenvolvemento rural, financiadas ou cofinanciadas con fondos europeos.
As fotos do acto informativo pódense ver premendo aquí.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Desde aquí pódese acceder a uns breves informes sobre as perspectivas da Política Agraria.
- Aquí pódese consultar o documento 'La PAC en el horizonte 2020'.
- A información sobre 'A PAC despois de 2013' está dispoñible aquí.
- Desde aquí pódese acceder ao 'Chequeo médico da PAC'.
- Para consultar o documento 'A PAC en detalle' pódese premer aquí.
- Informe 'Da granxa á mesa' dispoñible aquí.