|
04-01-2012.- Os Reis Magos chegarán este xoves 5 de xaneiro a Mesía para recibir a todas as persoas que se acheguen ata o polideportivo municipal en Xanceda, especialmente aos máis cativos.
Para a recepción, o Concello de Mesía preparou unha festa que comezará a partir das 16:30 horas. A celebración contará con xogos inchables, obradoiros e outros entretementos. Tampouco faltará o tradicional roscón de Reis.
Os Reis Magos recibirán a todos os cativos e entregaranlles un agasallo a todos aqueles de doce ou menos anos que se anotasen previamente no prazo que o Concello abriu ata o pasado 30 de decembro, como se comunicou no boletín de actividades difundido nesta páxina e distribuido en todos os domicilios.
Os Reis do Cachibol Sen embargo, a celebración na xornada previa ao día de Reis vai comenzar xa pola mañá, cunha nova edición dos Reis do Cachibol. Entre as once e a unha do mediodía, no polideportivo municipal en Olas, os participantes xogarán en familia -avós, pais e nenos- ao cachibol e a outros xogos populares. A actividade é gratuíta e o Concello anima a acudir con parentes e veciños.
|