Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



OS VECIÑOS DE MESÍA PODERÁN PARTICIPAR NUNHA XORNADA DE EXALTACIÓN DA FABA DE LOURENZÁ O 5 DE XUÑO EN CERCEDA

recomendar o contido a un amigo

28-5-2010.- Cerceda acolle o vindeiro sábado 5 de xuño unha xornada de exaltación da Faba de Lourenzá (Lugo), na que poden participar veciños de toda a comerca ordense, entre eles os de Mesía. As persoas interesadas en asistir a este evento de promoción gastronómica poden inscribirse xa no concello, chamando ao teléfono 981 68 70 01.

A xornada comezará ás 12:30 horas, a carón do parque acuático de Cerceda, cun encontro entre alcaldes da comarca e representantes do concello de Lourenzá. De seguido, segundo o programa previsto, un representante da Mancomunidade de Ordes presentará o acto e o alcalde de Cerceda, José García Liñares, daralles a benvida aos asistentes.

Para as 13:00 horas está prevista unha degustación de faba de Lourenzá para todos os participantes, previo pago de seis euros por persoa. Ofrecerase faba con carne ou cun produto de mar, ademais de pan. O prezo non inclúe a bebida. Esta comida estará acompañada pola música da charanga Mekanika. Tralo ágape, os asistentes terán ocasión de acudir ao Aquapark durante a tarde para divertirse nas súas instalacións.

Todos os interesados en participar poden inscribirse no concello, que se porá en contacto coa organización do evento para que, de ser o caso, flete un autobús gratuíto. Partiría da praza do concello, en Xanceda, ás 12:00 horas.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,051
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador