Luns - 06.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



Planeta mar

recomendar o contido a un amigo

A Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería do Mar colaboran nestas actividades, dirixidas ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e dos ciclos de grao medio. As estadías, de cinco días, terán lugar no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo) entre o 10 de maio e o 4 de xuño. Para anotarse, os impresos de solicitude están ao final na nova (na páxina web), premendo o símbolo +

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un programa de educación ambiental mariña destinado á mocidade galega, especialmente á do interior, co fin de dar a coñecer as relacións entre o home e o mar e para garantir a conservación do patrimonio natural mariño. En total, e en colaboración coa Consellería do Mar, ofértanse un total de 400 prazas para cursar estas actividades.

O programa vai dirixido ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria (3º e 4º de ESO), aos estudantes de 1º curso de bacharelato e aos do 1º ciclo formativo de grao medio que non teñan cumpridos os 18 anos.

O máximo de 400 prazas distribuirase en catro quendas de luns a venres, desde o 10 de maio ata o próximo 4 de xuño, no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).

Durante estas estadías, o obxectivo é achegar aos participantes ao mundo mariño, e mostrarlles embarcacións antigas e tradicionais. De feito, entre as actividades previstas, destaca a organizada a bordo dunha embarcación con capacidade para 120 persoas.

Ademais, e entre outros fins, promoverase a sensibilidade e respecto medioambiental; divulgarase a situación actual do mar; fomentaranse hábitos de vida saudable e promoveranse situacións multiculturais e de intercambio de experiencias.

Existen dous módulos diferenciados, en función da idade dos participantes: o "Planeta Litoral" (2º ciclo da ESO), que abordará o estudo do litoral da costa, as formacións costeiras, a biodiversidade, a contaminación ou os labores extractivos do marisqueo a pé e a bordo; e a "Expedición Neptuno" (1º curso do bacharelato e 1º ciclo formativo de grao medio), que se centrará nas relacións entre o home e o mar, as formacións xeomorfolóxicas ou na navegación costeira.

Para máis información podedes chamar aos seguintes teléfonos:

981 544 926 / 981 957 057 / 881 999 314

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,054
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador