Venres - 10.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



PREMIOS PARA O DEPORTE DE MESÍA NA GALA DA MANCOMUNIDADE

recomendar o contido a un amigo

Os premiados de Mesía asistentes á Gala do Deporte en Tordoia, co alcalde28-5-2010.- A Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, celebrada hai uns días en Tordoia, premiou aos deportistas máis destacados de cada un dos sete municipios da comarca durante o último ano.

No caso de Mesía, o primeiro premio recibiuno o equipo benxamín de fútbol sala das escolas deportivas municipais. Este conxunto, con rapaces de entre seis e nove anos, gañou o campionato de liga comarcal 2009-2010 na competición deportiva en idade escolar da Xunta de Galicia. A súa constancia, cunha asistencia aos adestramentos plena, fixo que acadaran victorias nas quince xornadas da liga, na que se enfrontaron a oito concellos de toda a volta. O primeiro premio estaba dotado cun vale de 600 euros en material deportivo.

O segundo premio, cun vale de 300 euros, correspondeulle á Peña de Olas. Con este galardón recoñeceuse o traballo desta agrupación para acoller baixo o seu paraugas a rapaces de distintas idades desexosos de xogar ao fútbol. A peña, dependente da Asociación Cultural e Deportiva de Olas, constituiuse en 2007 e caracterízase por un elevado espíritu de equipo. Agora xogan na Liga Asociación da Coruña, na que ocupan postos altos da táboa clasificatoria.

O terceiro premio recibírono as deceas maiores que practican o cachibol en Mesía. A organización da gala destaca que a distinción demostra que o deporte non ten límite de idade e que a terceira idade precisa aproveitar alternativas para o seu tempo libre, mellorando a súa saúde cun deporte adecuado ás súas aptitudes. O seu premio é un vale de 200 euros, tamén para material deportivo.

Na gala tamén se entregou unha distinción de promesa, que lles correspondeu aos integrantes da escola municipal de iudo. Logo de varias xornadas puntuais para divulgar e promocionar este deporte e dunhas primeiras clases de multideporte, as escolas de iudo tomaron forma con dous grupos de iniciación. O concello agarda que a participación nesta disciplina medre durante o curso 2010-2011.

Por último, houbo un recoñecemento especial para a Asociación Cultural e Deportiva de Olas. Esta entidade foi constituída en 2005, se ben os seus integrantes organizan desde hai xa dúas décadas o tradicional Campionato de Fútbol Sala de Olas, un dos máis prestixiosos na comarca que reúne durante maio e xuño a un mínimo de vinte equipos. A asociación ten tamén unha faceta solidaria, coa súa colaboración no torneo benéfico de fútbol sala que o concello de Mesía organiza cada ano a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.

Todos os premiados estiveron representados na gala que se celebrou en Tordoia, á que asistiron en representación do concello o alcalde, Mariano Iglesias, e a concelleira de Cultura e Deportes, Pilar Sánchez.

Lembre que pode ver as fotos da participación de Mesía na Gala do Deporte premendo aquí.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador