Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



PRETO DE SETENTA PERSOAS PARTICIPARON NO PROGRAMA DE SAÍDAS AO BALNEARIO DO CONCELLO ESTE OUTONO

recomendar o contido a un amigo
Algúns dos participantes en 'Deporte é saúde 2011', ante o edificio do Balneario07-11-2011.- Arredor de setenta persoas, o equivalente á práctica totalidade das prazas dispoñibles, participaron nas saídas ao Balneario de Guitiriz organizadas polo Concello de Mesía durante este outono, dentro do seu programa "Deporte é saúde 2011".

Os participantes dividíronse en dous grupos. Un correspondeu ás parroquias de Mesía, Olas, Visantoña e Xanceda, e o outro ás de Boado, Cabrui, Castro, Cumbraos e Lanzá. Os residentes en Albixoi, Bascoi e Hospital de Bruma puideron escoller en que grupo se inscribían, en función das datas e das rutas do transporte establecidas para cada grupo.

Cada un deles efectuou catro saídas. Ao primeiro grupo correspondeulle os luns 10, 17 e 24 de outubro e o mércores 2 de novembro. Ao segundo, os martes 11, 18 e 25 de outubro e o xoves 3 de novembro. Neste tempo, tiveron ocasión de completar un circuíto termal útil para mellorar a súa condición física xeral e para así reforzar a súa saúde. Coa subvención municipal, cada un dos participantes pagou unicamente 40 euros polo conxunto das catro saídas, un prezo un 60% inferior ao de mercado.
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador